Visita virtual ao Convento Franciscano de Herbón (San Francisco de Asís, de Lledró)
O máis destacado do XIV Encontro de Exalumnos en Herbón
MÚSICOS SOBRANCEIROS. Frei Manuel Feijoo, o fundador e director durante 18 anos do celebrado Orfeón Terra a Nosa, foi profesor en Herbón na década 1950-60. Dirixiu o Coro, do que saíron os destacados músicos Alfredo Vega, Anxo Viro, Domingo Barreiros, Manuel Rico e Xosé Luís Reza, que recibirán unha homenaxe no XIV Encontro Anual. Frei Manuel Feijoo tamén impartíu clases de Literatura, tendo moita sona o seu Libro de Ouro de ilustres poetas colexiales. Unha selección destes poemas están recollidos no libro "Poetas de Herbón".
|
ESCLAVINA DE PRATA. Os votos dos exalumnos decantáronse maioritariamente este ano por destacar a figura do noso compañeiro Ricardo Seguín Rodríguez como novo Premio Esclavina de Prata 2015, moi especialmente polo seu destacado labor ao fronte da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA). O Ministro Provincial da Orde, frei Xosé Antonio Castiñeira, entregaralle a Seguín a insignia de prata, a esclavina de tea de raso prateada e o pergameu acreditativo no decurso do XIV Encontro Anual.
|
NO CLAUSTRO DO CONVENTO. O claustro da igrexa do Convento de Santo Antonio de Herbón será este ano, por primeira vez, o novidoso escenario onde se celebrará o xantar de irmandade dos exalumnos correspondente ao XIV Encontro Anual, e onde tamén se fará entrega de novos títulos de Cabaleiro Franciscano.
|
TÍTULOS DE CABALEIRO FRANCISCANO. Unha nova fornada de 25 exalumnos recibirán este ano os seus diplomas acreditativos de Cabaleiros Franciscanos. O ano pasado foron 37 compañeiros os que recibiron estes títulos no XIII Encontro de Santiago, con motivo dos 800 anos da visita de San Francisco de Asís (Ver listado máis abaixo).
|
O programa completo do XIV Encontro Anual de Exalumnos
9.30 a 12.30
13.00 13.45 14.00 14.15 15.00 16.30 16.45 18.00 |
Chegada, acreditación, entrega de agasallos e reencontro dos asistentes. Actuará neste tempo unha banda de música por diferentes lugares do complexo conventual.
Misa solemne presidida polo Ministro Provincial da Orde, frei Xosé A. Castiñeira Chouza, e cantada pola Schola Cantorum Herbonensis cun repertorio de pezas dos músicos homenaxeados hoxe. Entrega e imposición da Esclavina de Prata 2015 polo Ministro Provincial ao compañeiro Ricardo Rodríguez Seguín, presidente da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA). Entrega de placas de recoñecemento aos nosos compañeiros e ilustres músicos Manuel Anxo Viro, Xosé Luis Reza, Alfredo Vega, Domingos Barreiro e Manuel Rico por parte de frei Henrique Mourille Feijoo, sobriño do insigne músico e compositor franciscano frei Manuel Feijoo. Sesión de aperitivos na Fonde de San Francisco. Xantar de irmandade no claustro da igrexa do Convento. Entrega de diplomas e novos títulos da Seráfica Orde dos Cabaleiros Franciscanos de Herbón. Sesión da fraternal e tradicional "Canticum Hilarem" Fin da XIV Xuntanza de antigos alumnos Herbón na Lembranza. |
Os vintecinco novos Cabaleiros Franciscanos

O xantar de irmandade no Claustro
Primeiro plato: Langostinos cocidos e á plancha
Segundo Plato: Cordeiro ao forno con guarnición e patacas guisadas
Postres: Tarta de améndoa de Padrón e xelados, café tradicional, chupitos de licor café, herbas, etc.
Adega: Viños Ribeiro branco e tinto Mencía, cervexas, refrescos, augas minerais

PREZOS por persoa: 45.00 euros.
Hai que facer previamente un ingreso na conta do Banco Popular número 0238 8202 08 0601072578. A organización agradece que se sinale o nome do remitente e o número de persoas que acoden. Non hai gastos polo ingreso ou transferencia a esta conta.
Tamén agradece a máxima rapidez en anotarse co fin de elaborar os novos diplomas de Cabaleiro Franciscano.
Para calquera dúbida ou consulta hai que porse en contacto co presidente dos Encontros e tamén tesoureiro de ASAFA, Xoán Manuel Carpintero, no móbil 699 621 437 ou no correo carpinterortv@activagalicia.com.

Faga clic na imaxe do claustro para acceder a unha completa visita virtual ao Convento Franciscano de Santo Antonio de Herbón