Salve, mar de penas,
Salve, triste Madre,
Salve, lirio hermoso,
Reina , virgen, salve.
Ruega por nosotros,
Dolorida Madre,
Ruega por nosotros,
No nos desampares.
Por xentileza de Frei Alonso hai anos que chega ás miñas mans a cuarta edición dun Devoto Manual editado na imprenta de El Eco Franciscano de Santiago, no ano 1908. Consta neste libriño o mesmo refrán pero modifica a letra desta maneira.
Salve, mar de penas,
Salve, triste Madre,
Salve, Luna hermosa,
Llena de piedades.
No ano 1997, ao abeiro da campaña Galicia Terra Única, Nani García produce un cedé patrocinado polas bodegas Martín Códax. Neste cedé realiza unha viaxe musical por Galicia, a través do tempo, desde a prehistoria á actualidade. Segue o meu consello e selecciona dous cantos que serán a base descritiva da Galicia do Renacemento e que teñen significación especial para quen teña relación co convento de Herbón: A coñecida foliada titulada Se vas ó convento de Herbón e o Canto dos misioneiros de Herbón.
A letra nesta versión é a seguinte:
Salve, mar de penas,
Salve, triste Madre,
Lírio belido
Reina, Virxe, Madre.