
Trátase, segundo os estudiosos, dun texto clave na época máis "gloriosa" de Herbón, cando estivo adicado exclusivamente, e ao por maior, a formar e a exportar misioneiros aos cinco continentes.
O libro explica esta historia misioneira en 31 capítulos, nos que se contemplan aspectos tais como a situación e límites do colexio, fundación e antigüidade, fundadores, relixiosos que saíron para Perú e
outros moitos aspectos de interese dos que se desprende que estes frades
misioneiros xurdiron do entorno xeográfico máis próximo ao convento de Herbón.
De feito, frei Antonio de Herosa escribiu o seu libro trala súa experiencia como gardián do convento de Herbón entre os anos 1745 e 1949. O libro xa está a dispor de todos os interesados ao módico prezo de 15 euros.