
Chámase Xosé García Oro, nado en 1931 en San Miguel de Goiás (Lalín, Pontevedra), e que en 1949 ingresou na Orde Franciscana, tras estudiar humanidades, filosofía e teoloxía en Herbón, Canedo-Ponteareas e Santiago. Trátase do historiador vivo máis importante que aportou España á Orde Franciscana, que agora réndelle unha merecida homenaxe o vindeiro día 10 de abril (Auditorio de Carlos V, Santiago, 19,30 horas). Segundo o Provincial dos franciscanos de Galicia, frei Xosé Antonio Castiñeira Chouza, “é un expreso recoñecemento á súa humanidade e infatigable labor ao longo de moitos anos no campo do estudo e investigación da nosa historia”.
A homenaxe, que comezará e pechará o Provincial franciscano, basearase en catro relatorios que presentarán a biografía e bibliografía de García Oro (frei Xoán Manuel Buján García), o maxisterio do historiador (frei Henrique Mourille Feijoo), o seu perfil de relixioso franciscano (frei Hipólito Barriguín) e o seu labor de investigación, que debullará a súa recopiladora no Arquivo da Provincia Franciscana de Santiago, Verónica Arán.
A España dos Reis Católicos (1475-1516), moi en especial o estudo da figura do cardenal Francisco Jiménez de Cisneros; a reforma da Igrexa nos séculos XV e XVI, así como a historia de Galicia no Renacemento, constitúen os catro grandes eixes que vertebran as investigacións do historiador Xosé García Oro. Unha infatigable labor que desenvolve desde hai máis de medio século ao abeiro da Universidade de Santiago (USC) e da Orde Franciscana (OFM).
Frei Xosé García Oro, quen conta con 83 anos, encóntrase na actualidade na residencia franciscana de Noia, onde se está a repor dunha pequena doenza.
Páxina web persoal: www.garciaoro.com
(Debido ao aforo limitado do Salón Carlos V requírese confirmación de asistencia ao coordinador da homenaxe, frei Hipólito Barriguín, móbil 627 872 981)