
No acto oficial de entrega da nova imaxe estiveron o restaurador Pablo Garrido Ledo, director da equipa de restauradores Sagrada Familia, a presidenta da Terceira Orde, María Isabel Carnicero Gómez xunto con vías socias, e unha embaixada dos exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón encabezada por Roxelio González, quen patrocinou a restauración da imaxe do santo de Asís.
O gardián ourensano considerou un acerto a restauración do santo que “é o sono sinal de identidade”. A presidenta das terciarias admitiu que “o santo agora é outro moi distinto e de mellor ver”, mentres que o exalumno Roxelio González referiuse ao “espíritu e empatía franciscana que nos une a todos nós”.
A imaxe do santo quedou depositada no salón da Terceira Orde agardando polo seu emprazamento definitivo. O restaurador destacou que foi precisa a rehabilitación dunha man enteira “que estaba torta”, ademáis dos labores máis técnicos de limpeza, recheos, estucados, reintegración cromática e protección final da imaxe de madeira. Un labor ao que Pablo Garrido está afeito pola súa experiencia como restaurador en Florencia (Italia).