
O 13 de xuño, martes, será a tradicional festa-romaría do Santo Antonio, patrono do convento e seminario, pero uns días antes, o 5, a Fraternidade Franciscana de Herbón tamén festexará á Virxe das Angustias.
Os actos comezarán ás 12 coa misa solemne cantada pola Schola Cantorum seguida de procesión, aperitivos e xantar de irmandade no refectorio dos exalumnos, cun menú integrado por queixo, xamón, polvo á feira, cordeiro estofado, tarta de queixo, cafés e chupitos, ademáis das bebidas (viños mencía e país, cervexas e auga). O prezo por persoa é de 30 euros.
Ao remate, celebrarase a asemblea xeral ordinaria da Asociación ASAFA e as votacións para elixir ao novo Premio Esclavina de Prata 2017. Xa está aberto o prazo de inscripcións (carpinterortv@activagalicia.com) para participar na festa-romaría do Santo Antonio 2017.
Xa hai catro propostas (ideas, suxerencias, proxectos) para desenvolver a vindeira “Escola de Verán 2017 Herbón”, que se estrenou o ano pasado cun curso de aprendizaxe web. As propostas recibidas son as seguintes:
1. Inicio da recopilación e adecuada conservación dos materiais existentes dos exalumnos (diarios, calificacións, instrumentos musicais, testemuñas gráficas, etc.).
2. Inicio da catalogación do fondo bibliográfico existente e composto por máis de 30.000 libros e documentos.
3. Xornadas ou conversas guiadas sobre o papel da familia na sociedade actual.
4. Obradoiro “Aprende a manexar o teu móbil como un experto” (dous días).
Na asemblea de ASAFA do 13 de xuño elixirase a proposta máis factible.
O prazo para a presentación de novas propostas remata o día 1 de xuño e deberá achegarse a: web@exherbon.org
Para decidir a proposta que se levará adiante este ano como tamén para elixir o nome do Premio Esclavina de Prata 2017, ademáis das votacións feitas ao enderezo electrónico, haberá unha asemblea xeral ordinaria da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA). A orde do día desta asemblea xeral será a seguinte:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Informe de actividades e proxectos.
3. Elección Escola de Verán 2017.
4. Elección Premio Esclavina de Prata 2017.
5. Estado de contas.
6. Rogos e preguntas