Un total de trinta exalumnos, que proceden de diferentes cursos académicos, recibirán o título de Cabaleiro Franciscano no transcurso da primeira xornada do XII Encontro anual, que se celebrará en dependencias do Seminario Franciscano de Herbón, segundo acordou a comisión organizadora.
O XII Encontro anual desenvolverase en dúas xornadas, concretamente o sábado día 3, e o domingo día 4, ámbolos dous do vindeiro mes de agosto. Para o sábado está prevista a recepción dos asistentes (10.00 horas) e posterior visita ás instalacións. Despois dunha misa (12.30 horas), que cantará o Coro de Exalumnos en homenaxe a frei Manuel Feijoo, o arcebispo de Tánxer, monseñor Santiago Agrelo, faralle entrega da Esclavina de Prata ao exalumno Roxelio González Escaleira. Están previstos uns aperitivos enxebres na carballeira e a fonte de San Francisco, e tamén o xantar que este ano será no Hotel Scala, de Pazos-Padrón e, ao remate, xa aos postres, farase entrega dos títulos de Cabaleiro Franciscano así como dos agasallos conmemorativos do XII Encontro (ver apartado de Encontros).
A este novo Encontro anual están convocados todos o exalumnos que, nalgún momento, estudiaron o Bacharelato nas aulas franciscanas, entre os que se encontran varios frades en activo.
A organización ten previsto facer a entrega dos títulos de Cabaleiro Franciscano aos seguintes trinta exalumnos: Agra López, Julio; Autrán Bustelo, Antonio; Barredo Álvarez, Eulogio; Castro Negro, Francisco Javier; Castro Ratón, José; Estévez Fernández, Benito; Fernández Álvarez, Leandro; García Boto, Baldomero; García Fernández, Emilio Carlos; García Fernández, Francisco Pedro; González Taboada, Antonio; Lobelle Quintillán, José Antonio; López Soto, Ángel; Luengo Olivera, Antonio; Marqués Blanco, Darío; Martínez Rodríguez, Francisco Eustaquio; Méndez Vence, Abel; Pampín Gómez, Ramón; Penín Estévez, Francisco; Reboredo Quintá, Roberto; Redondo Díaz, José María; Rodríguez Díaz, Leopoldo; Rodríguez García, Federico; Rojo Salgado, Argimiro; Santín Gonzalez, Jorge Luis; Valdivieso Pastor, Juan Donoso; Varela Pazos, Antonio; Veloso Mosquera, Antonio; Verea Sánchez, Jesús; Viñas Otero, Antonio.