• Inicio
  • Historia
  • Estatutos, contas e actas
  • Listados
  • Encontros
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
  • Santo Antonio
Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón

O frade franciscano que percorreu os montes de Galicia enteira

11/9/2014

1 Comentario

 
O labor investigador de frei Fermín Gómez Vigide / exherbon.org
Licenciado en Químicas, a paixón de frei Fermín foron de sempre as prantas e as rochas de Galicia
Frei Fermín Gómez Vigide / exherbon.orgO franciscano frei Fermín Gómez Vigide

É un frade miúdo, sinxelo, recollido e humilde, que fuxe coma do demo do mundanal ruído. Chámase frei Fermín Gómez Vigide e o sábado foi homenaxeado na súa terra natal, Vila de Cruces (Pontevedra), por máis dun cento de veciños, familiares e amigos. Xa é Fillo Predilecto do concello e o antigo camiño que leva á súa aldea de Asorei é agora a Avenida Padre Fermín Gómez Vigide. Con frei Fermín alí estiveron o Provincial dos franciscanos en Galicia, frei Xosé Antonio Castiñeira, o arquiveiro frei Hipólito Barriguín, ou autoridades como o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, o bispo de Tui, Luis Quinteiro, ou o presidente da Asociación de Amigos San Francisco de Asís, Ricardo Seguín.

A súa calidade humana, xunto ó seu labor docente e investigador, en especial no campo da botánica, a xeoloxía e a química encóntranse detrás deste recoñecemento a frei Fermín Gómez. Tras unha primeira interpretación musical do cantautor Manoele de Felisa, un dos colaboradores do homenaxeado e conservador do herbario de Lourizán, Francisco Javier Silva, encargouse de glosar a traxectoria persoal e científica de Gómez Vigide, desde os seus primeiros estudios en A Goleta á sua ordenación como sacerdote en 1947 ou a súa licenciatura en Químicas na USC en 1954. Tamén destacou o seu labor docente desde 1959 xunto á súa paixón pola botánica, chegando a amorear dúas coleccións de 13.976 pregos de 160 familias e 2.090 especies, ademais de numerosos artígos científicos de referencia a nivel mundial e o descubrimento de varias especies únicas incluso a nivel europeo.

Silva asegurou que o herbario deste franciscano, cedido a Lourizán en el 2012, inclúe máis do 90% da flora galega e, xunto a outros dous, «son os piares básicos para un novo estudio integral da flora en Galicia para o que os botánicos estamos a dar os primeiros pasos».

Lembrou anécdotas do homenaxeado, a colaboración do seu irmá frei Feliciano, tamén  franciscano, así como a súa teima persoal ao financiarse a si mesmo todas as buscas de prantas ao longo e ancho de Galicia. Tamén de minerais, cunha colección de máis de oito mil, conservados no colexio franciscano de Lugo.

Despois chegaría a parte máis solemne do acto, trala lectura do acordo da corporación pola secretaria municipal, Patricia Sánchez. O rexedor, Xesús Otero, entregou o diploma de honra e a medalla do Concello a Gómez Vigide como Fillo Predilecto. Interviña entón o homenaxeado quen confesaba sentirse «abrumado por estas distincións á miña humilde persoa, inmerecidas, uns honores non agardados». Recordou a colaboradores, entre eles o responsable de Extrugasa, que lle donou un todoterreo para percorrer os camiños e á súa familia, con especial referencia ao seu irmá frei Feliciano, acompañante nesas buscas e con «moi bo ollo botánico».

«O herbario de Lourizán non é obra miña, é un agasallo de Deus, eu só fun o instrumento; El quixo que os meus ollos contemplasen esa variedade inmensa e fermosa de prantas que regalou a Galicia», dixo. Tras un último agradecemiento de frei Fermín, todos os asistentes postos en pé tributáronlle un longo aplauso.

Despois sería o bispo de Tui-Vigo, o cruceño Luis Quinteiro, quen se congratulase do acerto por parte da corporación neste nomeamento, dun hombre cunha contribución excepcional para o coñecemento científico de Galicia, «sinxelo, traballador incansable e de intelixencia excepcional». Quinteiro loubou o labor educador de Gómez Vigide cos xoves, unha vocación que sumou á súa paixón científica: «É un, educador dos xoves e referente pola súa contribución ao coñecemento científico en Galicia», asegurou o bispo.

Os actos de homenaxe remataron en O Camballón, a carón do instituto, onde se descubriu unha praca conmemorativa da nova Avenida Padre Fermín Gómez Vigide, cos sons dun grupo de gaitas. Tamén se prantou un aliso italiano, unha das especies rexistradas polo frade no seu herbario, xusto antes de concorrer a un xantar de irmandade.

Un xigante recolectando a flora e as rochas de Galicia

Nado na aldea de Asorei (Vila de Cruces, Pontevedra) o 3 de novembro de 1921, frei Fermín Gómez Vigide é fillo de Casimiro e Francisca, que se adicaban á agricultura aínda que o seu pai tamén era monteiro.

Comezou os seus estudios primarios na escola de A Goleta e Oirós e ingresa en setembro de 1935 no colexio-seminario franciscano de Herbón, profesando como franciscano en 1940. Rematados os seus estudios eclesiásticos, é ordenado sacerdote en 1947. Ingresa la Universidade de Santiago (USC) en 1949 e licénciase en Químicas.

O seu labor docente iníciase en 1948 en Ponteareas e en 1953 é profesor de Ciencias no seminario de Santiago, mentres é becario de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Laboratorio de Química Analítica, dirixido polo catedrático Xaime González Carreró. En 1959 é profesor no seminario franciscano de Canedo-Ponteareas e en 1964 funda e dirixe en Zamora o colexio menor Afonso de Castro ata que en 1968 é destinado a Marrocos, onde da clases de Ciencias no Consulado español. En 1971 exerce como profesor no colexio-seminario franciscano de Herbón ata 1977, en que deixa a ensinanza para exercer como superior e gardián do convento de Castroverde de Campos (Zamora). Dende 1986 viveu nos conventos franciscanos de Louro, Noia, Lugo, Louro e Noia, onde se encontra na actualidade.

Na súa traxectoria de investigación destaca o seu herbario, que contén máis do 90% da flora galega -desde o 2012 donado ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán-, e composto por 13.974 exemplares vexetais distribuidos en 160 familias, 779 xéneros, 2.397 taxóns e 2.048 especies.

Pero, ademais, a súa colección de rochas, minerais e fósiles está por riba das 8.000 mostras e encóntrase depositada no colexio franciscano de Lugo.

No seu labor de investigación altruista contou sempre coa axuda persoal do seu irmá frei Feliciano e material aportado por exalumnos e empresas, singularmente a padronesa Extrugasa.

Homenaxe a frei Fermín Gómez / exherbon.org
O Auditorio municipal Xosé Casal acolleu a homenaxe ao frade natural de Asorei
Avenida Padre Fermín Gómez Vigide / exherbon.org
En O Camballón inaugurouse a nova avenida e o frade prantou un aliso italiano

Onde o mundo se chama Asorei

Por Ramón Pampín Gómez

Esta é a historia de Asorei que eu coñezo, unha breve historia da terra do Pai Fermin contada no memorable día en que o Concello da vila cruceña noméao fillo predilecto e hónrao cunha rúa que levará o nome de “P. Fermín Gómez Vigide”, o home máis sabio pero tamén o máis sinxelo dos homes nados nesta terra cuxos orixes perdense máis aló do seculo VII.

Os importantes restos e achados arqueológicos do periodo megalítico, atopados no campo de mámoas do Camballón (fragmentos de vasos campaniformes, anacos de vasijas do bronce medio, láminas de ouro, coitelos de sílex e puntas de flecha), sitúan á poboación destas terras nas proximidades do ano 3.000 a.C.

A partir do s. VI a.C. comezan a chegar ao noroeste da península tribos centroeuropeas de orixe céltico que ocupan pacíficamente este territorio e mestúranse cos aborígenes, dando lugar ao florecemiento da cultura castreña, tamén presente nestas terras.

A romanización da Hispania iniciase no s. I a.C. pero en Galicia foi moi lenta e nalgúns lugares nunca chegou. Deste influxo romano na poboación de Asorei non sabemos nada e todo o que se diga son só suposicións. O historiador Murgía divulgou a asociación de Asorei con Asseconia, un poboado romano situado na vía romana que ía de Caldas de Reis a Lugo pero hoxe esta hipótese parece totalmente descartada. O que si se dá por certo é que Asorei estaba no camiño real de Ourense á Coruña.

Entre a documentación revisada, Asorei aparece mencionada por primeira vez nun documento do ano 684. Trátase dun Libro de bautizados, mortos e casados das parroquias de Oirós, Bodaño e Asorei. Aínda que este libro é común para os tres lugares, trátase con todo de feligresías diferenciadas, atendidas quizais por un só cura que creu conveniente unificar os libros.

Desde os primeiros tempos a igrexa organizaba o territorio en feligresías, que adoitaban coincidir co territorio dos primitivos castros e os curas que as atendían debían procurarse o seu propio sustento ou vivir da caridade, pero a finais do s. IV e para que os curas puidesen dedicarse en exclusiva á cura de almas e ao culto, a Igrexa redistribuiu o territorio das feligresías, e a cada unha asignóuselle unha dote que garantía o sostemento do cura e o culto, consistente en bens, diezmos, rendas, dereitos, donaciones e un sinfín mais de recursos, aos que se lle chamaba “Fabrica” a cal contaba con libros contables para anotar as partidas. O primeiro libro da Fábrica de Asorei de que teño constancia iníciase no ano 748 e termina no 806 sendo mordomo José García. Hai constancia doutro libro da Fábrica de Asorei que tivo principio no ano de 1594.

Non sempre os feligreses estaban de acordo coa cantidade de bens e rendas que debían de aportar á Fábrica, xurdindo preitos nos que ata houbo de intervir a audiencia do reino, como o librado a instancia do cura da feligresía, don José Antonio González Pardo, en torno ao 740, contra Pedro do Campo e outros de Asorei pola débeda atrasada de seis ferrados de centeo e tres de miúdo. De 1612 data tamén unha escritura de concordia e obriga subscrita polos veciños de Asorei acordando pagar ao cura o diezmo de todo.

Asorei ten unha capela presidida pola Virxe dos Remedios. A súa planta é unha sala rectangular onde nave e ábside continuábanse, actuando como único elemento de separación un arco de medio punto que descansaba sobre grosas pilastras. Estas remataban nun tosco capitel, e enriba unha imposta sen ningunha decoración. As fiestras eran en saetera con derrame interior e o teitume era de tezas sobre artesanado. A fachada, moi sinxela, o bonito campanario, e as portas e fiestras, están feitas co mellor da canteiría desta terra. Alá polos anos 70, o seu interior, as fiestras e a cuberta sufriron tal transformación que desapareceu toda siñal do seu pasado. Ao meu xuízo a capela é unha obra pouco representativa pero con algúns elementos do románico rural tardío e cuxa data de construción estaría nos finais do século XIII. Tiña un precioso retábulo barroco e nun dos seus pedestais había unha estatuilla románica de Santa Ana. Ambas obras, valiosísimas, están hoxe en paradeiro descoñecido.

O documento máis antigo que atopei relativo á capela de Asorei data do dous de abril de 1596 e é un testamento de Juan Asorey, desta feligresía, que deixa á ermida de Santa María de Asorei, unha renda dun ferrado de pan para sempre.

Madoz di no seu “Dicionario dos Pobos de España”, publicado no ano 1845, que a feligresía de Asorei deixou de funcionar como tal no ano 1768, pasando a ser anexa da de Oirós. E segundo o mesmo autor, Asorei pertencía entón ao obispado de Lugo. No censo dese ano cóntanse 12 veciños cun total 59 habitantes No censo de 1900 había 61 habitantes, e en censos posteriores cóntanse, con lixeiras fluctuacións, arredor dos 80 habitantes.

Secularmente as feligresías dependían de diferentes jurisdicións e señoríos como de San Martiño Pinario (no caso de Bodaño), ou do Conde de Lemos (como era o caso de Asorei e Oirós). Na Constitución de 1812 inténtase por primeira vez acabar con iso ao redistribuir o territorio en concellos, e nesa dirección avánzase ao longo dos anos ata que definitivamente consolídanse en 1836. Por esas datas Cruces era un simple cruzamento de camiños e a sé do Concello establécese en Carbia, e alí permanece ata 1944 en que se traslada á nova sé de Vila de Cruces, que xa entón era unha parroquia en auxe con dúas feiras mensuais. Históricamente Asorei era do Conde de Lemos e, polo tanto, estaba sometida á xurisdicción do Deza da provincia de Lugo, e cando foi incluida no concello de Carbia, pataleou para seguir pertencendo a Lalín pero a súa petición non foi atendida.

Esta é a terra do Pai Fermín, unha terra de xente laboriosa, xente agradecida, xente sinxela pero tamén xente que non lle importa loitar cando lle queren quitar o pan que con tanto esforzo procuraban para os seus fillos nun medio tan hostil. Esta é Asorei.

1 Comentario

Suso Rodríguez Rozas, o home universal

14/4/2013

0 Comentarios

 
Suso Rodríguez Roza, cos herboneses de Madrid / exherbon.org
Suso Rodríguez Rozas disertando aos seus amigos herboneses de Madrid nun encontro do 2012
Fíxose auga. As cinzas de Suso Rodríguez Rozas navegan xa sen rumbo fixo polo mar de Arousa. Nado en Lamas (Boqueixón), ingresou en Herbón en 1956 e alí coñeceu a outros nenos coma el. Con outros tres Susos máis -García Fernández, Sanz Tena e Peteiro Freire- conformou a Irmandade do Paradiso, un foro de ideas heterodoxas no miolo da imperante ortodoxia herbonesa. Destacou sempre en matemáticas e aprendeu a dicir as cousas máis concretas con números abstractos. Despois cambeou a brétema de Boqueixón e Herbón pola de Londres e alí sentou cátedra e cabeza coa súa compañeira filipina Tareixa e a súa filla Avril.

Era un home universal, un cu inquedo que percorreu os cinco continentes e que pescudou en todos os saberes. "Era a nosa enciclopedia andante e é difícil imaxinalo sen un libro na man, de ciencia, física cuántica, historia, política, filosofía, teoloxía, poesía ou mitoloxía", lembra a súa filla Abril.

O historiador frei Xosé García Oro, quen oficiou o sábado a misa funeral na súa parroquia boqueixanesa de Lamas, recoñeceu a súa "extraordinaria intelixencia e enorme corazón, que sempre puña ao servizo dos demais", xunto cos vencellos continuos que mativo coa súa familia, moi en especial coa súa tía Isaura.

O muradán herbonés (e poeta a tempo completo) Manoel María Pena Silva define a súa traxectoria deste xeito: "Foi a súa vida a dun peripatético cargado de preguntas. Eu gardo para el, na memoria profunda, un aprezo, esa aperta que non lle puiden dar no pasado recente. Meu benquerido amigo..."

"As nosas opinións máis personais, as nosas crenzas, as nosas simpatías políticas foron sempre máis fío de unión ca de desencontros ou friccións personais. Aí tiña moita autoridade e man esquerda Suso Rozas. Avalábano as súas opinións fundamentadas nunha profunda, ampla, veraz e correcta información", admite o irmandiño do Paradiso Suso García Fernández.  O seu compañeiro castelán Suso Sanz Tena fai un debuxo moi preciso de Rozas: "A súa intelixencia era un instrumento ético: saber máis para comprender máis e mellor aos demais".

Agora tan só quedan os recordos, esa outra dimensión da existencia, malia dor do compañeiro e amigo que se foi antes de tempo. "Vivirás en nós mentres haxa recordos e grazas por haber existido", di García Fernández. "Vivir no corazón dos que deixamos atrás non é morrer", sostén Sanz Tena.

O seu compañeiro de Irmandande, Suso Peteiro, non reprimeu un berro doente polo "mellor amigo que un poidera desexar e soñar" e recorreu á escolanía de melros do rianxeiro herbonés Faustino Rei Romero para desexarlle os mellores desexos na súa nova traxectoria: “Señor, acolle a súa alma cal se colle un paxaro que treme aterecido. Atótaa contra a doce mornura do teu peito e, sobre a túa destra, deixa que faga o niño”.

O seu testamento político/convivencial

Hoxe soan a testamento político/convivencial estas palabras da súa última carta a varios amigos:

“Hai que ter coidado con eses xuízos totalmente negativos sobre o sistema de partidos. A fin de contas, o sistema de partidos é a democracia. Suprimir os partidos é suprimir a democracia. Só unha dictadura podería seguir, se a democracia parlamentaria cae”.
(…)
“Con democracia, alomenos, somos conscentes do que está ocorrendo. Por duras que sexan as condicións nas que vivimos, hai que dar sempre un apoio decidido ao sistema democrático. Prensa libre e máxima liberdade de expresión son a mellor catarse contra a corrupción e os abusos”.
(…)


Suso Rodríguez Rozas, 8 de decembro 2012 (dende Londres a varios compañeiros de curso)

0 Comentarios

Frei Antonio de Herosa, o século das luces no convento de Herbón  

2/3/2013

1 Comentario

 
Orixinal do
Presentación do
Orixinal da portada do "Memorial" de frei Antonio de Herosa e asistentes ao acto de presentación no Casino de Padrón


Entre 1756 e 1759 frei Antonio de Herosa, que fora gardián e cronista do convento franciscano de Herbón, procurou no arquivo do colexio-seminario os documentos e anotacións que, xunto co que escoitou e experimentou naqueles anos, lle serviron para tecer o seu
“Memorial de las cosas notables de este colegio de Herbón” (Editorial El Eco  Franciscano, Santiago 2012). Máis de 250 anos despois, e grazas á transcrición e notas coas que José Luis Soto Pérez preparou esta edición, pódese acceder agora á mellor herdanza que puido deixar.

Dende a fundación do convento franciscano de Herbón, en 1396, e ata mediados do XVIII, Herosa deixou constancia neste Memorial dos capítulos máis importantes da historia da casa. Fíxoo, a modo de manual, para “los reverendos guardianes de el, a fin de estar prevenidos para todos los lances que se le ofrezcan, y se tocan en este memorial, así cuanto a lo antiguo, como cuanto a lo moderno”. 

E describe moi polo miúdo a etapa na que o convento se convertiu en colexio de "propaganda fide", formador de predicadores saídos todos da bisbarra da comarca do Sar, como destacou na presentación da obra o  historiador frei Hipólito Barriguín, mentres que tamén o historiador e catedrático emérito da USC, frei Xosé García Oro, se referiu aos "frades de probe vida" como un dos valores básicos "de antes e de agora".

Mais, aínda que non fose a intención de Herosa, nas súas notas deixou tamén escrita parte da historia das terras de Iria. Centos de datos de interese económico-social, a descrición de Herbón naquela época, a relación dos relixiosos cos seus veciños, mesmo tamén algúns litixios… Grazas ao inxente traballo de documentación de Herosa, e ao posterior de José Luis Soto, queda así rescatado un anaco importante da memoria colectiva das terras de Iria.

Maite Mosquera Noia, directiva da asociación Sementar -encargada de darlle novos pulos ao convento de Herbón- reinvindicou o pemento,  "que é o que nos dá de comer" e a volta da Festa do Pemento ás súas orixes  "cando en 1978 se fixo a primeira Festa á sombra da carballeira dos franciscanos". De feito, na crónica de Herosa xa se fala do "pemento seco e moído", das cheas do río Ulla, das pesqueiras e das lampreas.

O historiador Xosé Carlos Beiró Piñeiro, autor de varios libros sobre os carmelitas e os dominicos de Padrón, recordou a época de Herosa, na que a capital do Sar estaba amurallada e vivíase do sal, teares e curtidos, aínda que recoñeceu que "o pan de Padrón era moi malo" e había que mercar o de Caldas.

O presidente do Padroado Rosalía Castro, Anxo Angueira Viturro, defendeu que Herosa e Sarmiento conforman a "vangarda da Ilustración en Galicia", recordou a obra de Otero Pedrayo sobre a palmeira de Herbón -"inmerecidamente esquecida"- e tamén a súa experiencia persoal do convento de Herbón e dos franciscanos.

Ao acto de presentación do "Memorial", guiado por Pilar García García, asistiron máis dun cento de persoas -entre elas
  veciños de Herbón, frades e antigos alumnos do seminario franciscano-, estivo acompañada cun recital poético de Christine García López e rematou con música do barítono Eliseu Mera e o pianista Severino Ortiz.
1 Comentario

    Exalumnos de Herbon / exherbon.org

    H

    Autor

    Blog colectivo de novas de actualidade da páxina web dos exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón (exherbon@gmail.com)



    O Libro do Ano

    Libro
    El libro de José Luis Rivas Guisado, recupera la memoria histórica del seminario franciscano en una época clave, 1947-1951, los años del hambre. Un volumen, de cerca de medio millar de páginas,  relata no solo la peripecia personal de Rivas sino también en buena medida la colectiva al incluir numerosos testimonios de exalumnos.
    (Exherbon.org, 2016)

    Es la historia sentimental de Herbón a través de los recuerdos. Cómo era, qué se hacía y quiénes estaban en el seminario franciscano entre 1955 y 1960. Un colegio en el que desde 1950 estudiaron más de 1.500 alumnos y hubo cerca de un centenar de profesores.
    (Exherbon.org, 2014).


    Maiores en Rede / exherbon.org
    Maiores en Rede

    Exalumnos
    na Rede

    -Rioderradeiro MMar
    -O Blog de Elías Malvar
    -Luis Cristobo


    Frades franciscanos
    no Ciberespacio

    -Arcebispo Santiago Agrelo
    -José García Oro
    -Enrique Mourille
    -Roberto Lista
    -
    Martín Carbajo


    Familia Aberta / exherbon.org
    Unha resposta á soidade

    Publicacións


    Imagen

    El Eco Franciscano / exherbon.org

    Imagen

    Blogs amigos

    Proxecto Sementar / exherbon.org

    Chiara di Dio, musical de Carlo Tedeschi, trailer

    Arquivos

    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Diciembre 2017
    Agosto 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Diciembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Enero 2016
    Octubre 2015
    Agosto 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Septiembre 2014
    Agosto 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Octubre 2013
    Septiembre 2013
    Agosto 2013
    Julio 2013
    Mayo 2013
    Abril 2013
    Marzo 2013
    Febrero 2013
    Diciembre 2012
    Noviembre 2012
    Octubre 2012
    Agosto 2012
    Abril 2012
    Enero 2012
    Septiembre 2011


    Categorías

    Todos
    Abel Méndez Vence
    A Goleta
    Alfonso Rico Verea
    Alfonso Rodríguez Pena
    Alfredo García Coto
    Alfredo Vega
    Amipa
    A Miserela
    Andrés Láiz González
    Andrés Marques Fernández
    Ángel López Soto
    Antonio Autrán Bustelo
    Antonio Crespo
    Antonio De Herosa
    Antonio González Taboada
    Antonio Luengo Olivera
    Antonio Pereiro García
    Antonio Varela Pazos
    Antonio Veloso Mosquera
    Antonio Viñas Otero
    Antón Lamazares
    Anxo Angueira Viturro
    Arcebispo Carballo
    Argimiro Rojo Salgado
    Asociación De Amigos Do Camiño De Santiago
    Asorei
    Aureliano Alcalá Ortega
    Baldomero García Boto
    Benito Estévez Fernández
    Botánica
    Cabaleiro Franciscano
    Cabaleiros Franciscanos
    Camiño De Santiago
    Campaña BIC
    Cancioneiro Popular De Galicia
    Carlos Amigo
    Carme Durán
    Christine García López
    Convento De Santiago
    Cotolaia
    Darío Basso
    Darío Marqués Blanco
    Darío Xoán Cabana
    Daviz Fernández Rivera
    Deputación De Ourense
    Desescribir
    Domingo Barreiros
    Editorial El Eco Franciscano
    Eladio G. Tubío
    Eliseu Mera
    El Tiempo De La Memoria
    Emilio Carlos García Fernández
    Emilio Carlos; García Fernández
    Emilio Rúa
    Encontro Anual
    Enrique Roberto Lista García
    Eulogio Barredo Álvarez
    Eu Non Canto Por Cantar
    Extrugasa
    Federico Rodríguez García
    Feliciano Gómez
    Fernando Fernández García
    Festa Do Pemento
    F. Javier Silva
    Fogas De Espiritualidade
    Foliada
    Fotos
    Francisco Eustaquio Martínez Rodríguez
    Francisco Honrubia
    Francisco Javier Castro Negro
    Francisco Javier Silva
    Francisco Pedro García Fernández
    Francisco Penín Estévez
    Fraternidade
    Frei Antonio De Herosa
    Frei Antonio Tembra
    Frei Feliciano G. Vigide
    Frei Fermín Gómez
    Frei Fermín Gómez Vigide
    Frei Fermín G. Vigide
    Frei Henrique Lista
    Frei Henrique R. Lista
    Frei Hipólito Barriguín
    Frei Humberto Castro
    Frei Paco Castro
    Frei Xaquín Pulleiro
    Frei Xosé Antonio Castiñeira
    Frei Xosé García Oro
    Frei Xosé R. Carballo
    Fundación Caixagalicia
    García Pan
    Henrique Alvarellos
    Herbario
    Herbario De Lourizán
    Herbón
    Herbón BIC
    Hipólito Barriguín
    Humberto Castro
    Instituto De Estudios Irienses
    Instituto Xelmírez II
    Iustel
    Jesús Verea Sánchez
    Jorge Luis Santín González
    José Antonio Lobelle Quintillán
    José Carrillo
    José Castro Ratón
    José Luis López Jara
    José Luis Soto Pérez
    José María Redondo Díaz
    Juan David Martínez Fernández
    Juan Donoso Valdivieso Pastor
    Juan M. Carpintero Rama
    Juan R. Fernández Crespo
    Julio Agra López
    Leandro Fernández Álvarez
    Leopoldo Rodríguez Díaz
    Lourizán
    Louro
    Luis Cristobo Vicente
    Luis Fernández Silvoso
    Luis Quinteiro
    Maite Mosquera Noia
    Manoele De Felisa
    Manuel Arias López
    Manuel Dios
    Manuel G. Lorenzo
    Manuel Lázaro Martínez Caamaño
    Manuel Muñoz
    Manuel Pombo
    Manuel Rico Verea
    Manuel Varela
    Marcos Xesús Vega García
    Miguel Anxo Viro
    Monseñor Xulián Barrio
    Monte Do Gozo
    Museo De Terra Santa
    Nava Castro
    O Camballón
    Otero Pedrayo
    Padre Manuel Feijoo
    Padroado Rosalía Castro
    Pai Laín
    Patricia Sánchez
    Paz E Ben
    Peregrinación
    Pilar García García
    Pontecesures
    Premio Portapaz 2013
    Profesor Casaseca
    Rafael S. Bargiela
    Ramón Pampín
    Ramón Pampín Gómez
    Ramón Rey
    Raquel Clemente
    Real Banda De Gaitas
    Remonte
    Rianxo
    Ricardo Seguín
    Río Ulla
    Roberto Freire
    Roberto Freire Hernando
    Roberto Hermida Granja
    Roberto Reboredo Quintá
    Roxelio González
    Roxelio Ronzález Escaleira
    Ruta Fluvial
    Santiago Fernández Murias
    Santo Antonio
    Sarmiento
    Schola Cantorum Herbonensis
    Secundino Reboiras
    Segundo Pérez
    Sementar
    Seminario Franciscano
    Seminario Galego De Educación Para A Paz
    Serafin Antoñón Fernández
    Severino Ortiz
    Supermercados Gadis
    Suso García
    Terra Santa
    Terras De Iria
    Textos
    Turismo De Galicia
    Usc
    Víctor Peña
    Vídeos
    Vila De Cruces
    Viravolta
    Virgilio González Otero
    Xerardo Estévez
    Xesús Antonio Díaz Pereiro
    Xesús García
    Xesús Otero
    Xi Encontro
    X. M. García Iglesias
    Xoán Manuel Carpintero
    Xoán M. Carpintero
    Xosé A. Castiñeira
    Xosé Antonio Castiñeira
    Xosé Carías
    Xosé Carlos Beiró Piñeiro
    Xosé Constenla
    Xosé García Oro
    Xosé Luis Rivas
    Xosé Luis Soto Pérez
    Xosé Manuel Casal
    Xosé María Valderrey González
    Xosé M. Bernárdez
    Xosé R. Carballo
    Xosé Rodríguez Carballo

    Fuente RSS


Aviso Legal                                        Contacto                                         "Louvado sexas, meu Señor, polo irmán sol, a lúa e as estrelas"

Imagen