Os máis madrugadores foron os exalumnos herboneses de Madrid, que se xuntaron o sábado día 14 no mesón Portomarín, situado na praza de Lavapiés, atendendo á convocatoria feita por Antonio Varela, María del Carmen, Pilar Pereira e Pablo Bausela. A esta convocatoria asistiron non só os asiduos (vai xa polo quinto ano), senón que se incorporou tamén Guillermo Usero quen, deste xeito, volviu a encontrarse cos seus antigos compañeiros.
Pola súa banda, o antigo comedor dos frades no convento de Herbón quedouse pequeno o domingo 15 para acoller aos exalumnos galegos, asturianos e casteláns e as súas donas. A capacidade limitada deste espazo, de só 40 prazas, provocou que moitos exalumnos non puidesen asistir. O presidente da comisión organizadora, Xoán Manuel Carpintero, pediu excusas ao desbordárenselle as súas previsións de asistencia.
O xantar de Nadal de Herbón estivo precedido dunha misa oficiada por frei Roberto Lista e contou tamén coa asistencia de frei Francisco Xabier Honrrubia Bonnin, o actual encargado dos oficios relixiosos na fin de semana no convento. No decurso do xantar tamén se constituiu oficialmente a Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís.
(Máis información e fotos destes dous encontros de Nadal en Herbón e Madrid)