
Veciños, integrantes da Asociación de Exorfeonistas, amigos do Padre Manuel Feijoo Sousa chegados desde diferentes puntos da xeografía galega, así como de Salamanca, Elche ou Zamora, e tamén exalumnos do seminario franciscano de Herbón, no que foi profesor, desprazaranse ata o municipio nadal de Feijoo Sousa para participar ás 13.00 horas nunha misa cantada no santuario de Nosa Señora do Mundil. Pola tarde, está previsto que se desenvolva un acto protocolario e un concerto no auditorio municipal que, desde ese día, levará o nome do frade franciscano.
Manuel Feijoo (Outomuro, 1926-Santiago, 1992) está considerado como un dos compositores máis sobranceiros da polifonía galega e en galego.
(Máis información sobre o Padre Manuel Feijoo Sousa)