• Inicio
  • Historia
  • Estatutos, contas e actas
  • Listados
  • Encontros
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
  • Santo Antonio
Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón

Presentado o cómic de Manuel Muñoz sobre a vida de San Francisco de Asís

29/9/2014

0 Comentarios

 
Cómic de Manuel Muñoz sobre San Francisco de Asís / exherbon.orgPortada do cómic de Manuel Muñoz
O autor do cómic, Manuel Muñoz,  destacou na presentación da súa obra que é "unha explicación a través de viñetas" da vida do santo, que el coidaba que era "un máis" pero co que encontrou "moitos elementos de identificación". A obra ten un enfoque "desde a súa xuventude de festas por ser fillo de rico", ademais de recoller a súa peregrinación a Santiago.

A iniciativa surxiu no albergue e centro cultural Xoán XXIII, onde Muñoz se aloxaba cando debuxou a historia coa intención de reflexar as revelacións de Francisco de Asís diante dos seus pais, e a decisión de "deixar a riqueza a un lado".

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que é unha "obra especial" co obxectivo de chegar ao público en xeral, e moi en especial ao infantil, e que se enmarca nas actividades de conmemoración del VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís.

Ademais, a obra gráfica encóntrase disponible tanto en castelán como en galego e pretende promocionar a cultura galega mediante o recordo deste persoeiro histórico.

A presentación celebrouse hoxe no Hotel Monumento de San Francisco e contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez; o provincial franciscano, Xosé Antonio Castiñeira; frei Paco Castro, e numerosas persoas.

O deseño da obra, debuxo e ilustracións son de Manuel Méndez, o texto de Alfredo Matarín e a cor de Ire Lamón, coa edición de Turismo de Galicia, unha coidada edición de 60 páxinas en tamaño folio, cunha dedicatoria moi especial do autor: "Dedico esta obra, en especial, aos franciscanos, que foron quen de me rescataren da rúa proporcionándome un traballo e unha vida digna e, sobre todo, a este gran personaxe que tan fonda pegada deixou e segue a deixar oito séculos despois".

Manuel Muñoz con frei Paco Castro / exherbon.org
O autor do libro, Manuel Muñoz, con frei Paco Castro, director do Centro Xoán XXIII
0 Comentarios

Os franciscanos de Galicia celebran o Día da Provincia, "unha xornada para sentírmonos irmáns"

26/9/2014

0 Comentarios

 
Conferencia Día da Provincia / exherbon.org
A conferencia celebrouse no Salón de Carlos V
Día da Provincia / exherbon.org
Asistentes ao acto do Día da Provincia
Hipólito Barriguín con Xosé García Oro / exherbon.orgFrei Hipólito Barriguín con Xosé García Oro
Un cento de frades e achegados conmemoraron hoxe en Santiago o Día da Provincia, actos que se centraron nunha conferencia de frei Hipólito Barriguín, quen glosou os oito séculos de vida en común dos franciscanos en Galicia, unha misa na que se inaugurou na igrexa unha imaxe de Santa Beatriz de Silva donada polas monxas da Inmaculada Concepción, a bendición do Xardín da Paz na horta do convento e un xantar de irmandade e homenaxe a once frades. "Unha xornada para sentírmonos todos irmáns", asegurou  na presentación frei Xosé Antonio Castiñeira Chouza, Provincial dos franciscanos galegos, quen estivo acompañado pola directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, e o deán da catedral compostelana, Segundo Pérez.

Neste Día da Provincia conmemorouse os 50 anos de sacerdocio dos frades Manuel Pombo Suárez e Víctor Peña Rodríguez, os 50 anos de profesión dos frades Xosé Manuel Casal Méndez, Eladio González Tubío, Manuel Varela Sánchez, Alfredo Vega Rodríguez, Xesús García Sánchez e Secundino Rodríguez Reboiras, ademais dos 25 anos de profesión dos frades Xosé Carías Villegas, Manuel García Lorenzo e Xosé Manuel Bernárdez Rodríguez. Todos eles renovaron os seus votos de compromiso franciscano no decurso da celebración da misa, que presidiu o frade provincial con frei Alfredo Vega ao órgano.

O historiador e documentalista frei Hipólito Barriguín, quen está ultimando a recopilación documental e fotográfica de todos os conventos franciscanos en Galicia, referiuse na súa conferencia ás numerosas "tradicións" sobre os inicios da Orde Franciscana en Galicia para centrarse no convento de Santiago e nos de A Miserela e Santo Antonio, ámbolos dous situados na Pobra do Caramiñal, nunha época na que os franciscanos se popularizaron en Galicia ao chamárenlle a xente "os frades da probe vida" (ver texto enteiro da conferencia).

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, referiuse á conmemoración dos oitocentos anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia por medio de congresos, exposicións e publicacións, entre elas a recente edición das "Floriñas" en galego.

Ao Día da Provincia asistiron tamén numerosos laicos achegados ao franciscanismo, entre eles unha representación da Asociación Amigos de San Francisco de Asís e exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón.

(Fotos de Henrique Roberto Lista)

Texto enteiro da conferencia de frei Hipólito Barriguín:

franciscanos_y_galicia.pdf
File Size: 396 kb
File Type: pdf
Download File

Santa Beatriz de Silva / exherbon.org
Santa Beatriz de Silva xa está na igrexa santiaguesa
Xardín da Paz / exherbon.org
Frei Xosé A. Castiñeira bendeciu o Xardín da Paz
0 Comentarios

O frade franciscano que percorreu os montes de Galicia enteira

11/9/2014

1 Comentario

 
O labor investigador de frei Fermín Gómez Vigide / exherbon.org
Licenciado en Químicas, a paixón de frei Fermín foron de sempre as prantas e as rochas de Galicia
Frei Fermín Gómez Vigide / exherbon.orgO franciscano frei Fermín Gómez Vigide

É un frade miúdo, sinxelo, recollido e humilde, que fuxe coma do demo do mundanal ruído. Chámase frei Fermín Gómez Vigide e o sábado foi homenaxeado na súa terra natal, Vila de Cruces (Pontevedra), por máis dun cento de veciños, familiares e amigos. Xa é Fillo Predilecto do concello e o antigo camiño que leva á súa aldea de Asorei é agora a Avenida Padre Fermín Gómez Vigide. Con frei Fermín alí estiveron o Provincial dos franciscanos en Galicia, frei Xosé Antonio Castiñeira, o arquiveiro frei Hipólito Barriguín, ou autoridades como o director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Antonio Crespo, o bispo de Tui, Luis Quinteiro, ou o presidente da Asociación de Amigos San Francisco de Asís, Ricardo Seguín.

A súa calidade humana, xunto ó seu labor docente e investigador, en especial no campo da botánica, a xeoloxía e a química encóntranse detrás deste recoñecemento a frei Fermín Gómez. Tras unha primeira interpretación musical do cantautor Manoele de Felisa, un dos colaboradores do homenaxeado e conservador do herbario de Lourizán, Francisco Javier Silva, encargouse de glosar a traxectoria persoal e científica de Gómez Vigide, desde os seus primeiros estudios en A Goleta á sua ordenación como sacerdote en 1947 ou a súa licenciatura en Químicas na USC en 1954. Tamén destacou o seu labor docente desde 1959 xunto á súa paixón pola botánica, chegando a amorear dúas coleccións de 13.976 pregos de 160 familias e 2.090 especies, ademais de numerosos artígos científicos de referencia a nivel mundial e o descubrimento de varias especies únicas incluso a nivel europeo.

Silva asegurou que o herbario deste franciscano, cedido a Lourizán en el 2012, inclúe máis do 90% da flora galega e, xunto a outros dous, «son os piares básicos para un novo estudio integral da flora en Galicia para o que os botánicos estamos a dar os primeiros pasos».

Lembrou anécdotas do homenaxeado, a colaboración do seu irmá frei Feliciano, tamén  franciscano, así como a súa teima persoal ao financiarse a si mesmo todas as buscas de prantas ao longo e ancho de Galicia. Tamén de minerais, cunha colección de máis de oito mil, conservados no colexio franciscano de Lugo.

Despois chegaría a parte máis solemne do acto, trala lectura do acordo da corporación pola secretaria municipal, Patricia Sánchez. O rexedor, Xesús Otero, entregou o diploma de honra e a medalla do Concello a Gómez Vigide como Fillo Predilecto. Interviña entón o homenaxeado quen confesaba sentirse «abrumado por estas distincións á miña humilde persoa, inmerecidas, uns honores non agardados». Recordou a colaboradores, entre eles o responsable de Extrugasa, que lle donou un todoterreo para percorrer os camiños e á súa familia, con especial referencia ao seu irmá frei Feliciano, acompañante nesas buscas e con «moi bo ollo botánico».

«O herbario de Lourizán non é obra miña, é un agasallo de Deus, eu só fun o instrumento; El quixo que os meus ollos contemplasen esa variedade inmensa e fermosa de prantas que regalou a Galicia», dixo. Tras un último agradecemiento de frei Fermín, todos os asistentes postos en pé tributáronlle un longo aplauso.

Despois sería o bispo de Tui-Vigo, o cruceño Luis Quinteiro, quen se congratulase do acerto por parte da corporación neste nomeamento, dun hombre cunha contribución excepcional para o coñecemento científico de Galicia, «sinxelo, traballador incansable e de intelixencia excepcional». Quinteiro loubou o labor educador de Gómez Vigide cos xoves, unha vocación que sumou á súa paixón científica: «É un, educador dos xoves e referente pola súa contribución ao coñecemento científico en Galicia», asegurou o bispo.

Os actos de homenaxe remataron en O Camballón, a carón do instituto, onde se descubriu unha praca conmemorativa da nova Avenida Padre Fermín Gómez Vigide, cos sons dun grupo de gaitas. Tamén se prantou un aliso italiano, unha das especies rexistradas polo frade no seu herbario, xusto antes de concorrer a un xantar de irmandade.

Un xigante recolectando a flora e as rochas de Galicia

Nado na aldea de Asorei (Vila de Cruces, Pontevedra) o 3 de novembro de 1921, frei Fermín Gómez Vigide é fillo de Casimiro e Francisca, que se adicaban á agricultura aínda que o seu pai tamén era monteiro.

Comezou os seus estudios primarios na escola de A Goleta e Oirós e ingresa en setembro de 1935 no colexio-seminario franciscano de Herbón, profesando como franciscano en 1940. Rematados os seus estudios eclesiásticos, é ordenado sacerdote en 1947. Ingresa la Universidade de Santiago (USC) en 1949 e licénciase en Químicas.

O seu labor docente iníciase en 1948 en Ponteareas e en 1953 é profesor de Ciencias no seminario de Santiago, mentres é becario de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Laboratorio de Química Analítica, dirixido polo catedrático Xaime González Carreró. En 1959 é profesor no seminario franciscano de Canedo-Ponteareas e en 1964 funda e dirixe en Zamora o colexio menor Afonso de Castro ata que en 1968 é destinado a Marrocos, onde da clases de Ciencias no Consulado español. En 1971 exerce como profesor no colexio-seminario franciscano de Herbón ata 1977, en que deixa a ensinanza para exercer como superior e gardián do convento de Castroverde de Campos (Zamora). Dende 1986 viveu nos conventos franciscanos de Louro, Noia, Lugo, Louro e Noia, onde se encontra na actualidade.

Na súa traxectoria de investigación destaca o seu herbario, que contén máis do 90% da flora galega -desde o 2012 donado ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán-, e composto por 13.974 exemplares vexetais distribuidos en 160 familias, 779 xéneros, 2.397 taxóns e 2.048 especies.

Pero, ademais, a súa colección de rochas, minerais e fósiles está por riba das 8.000 mostras e encóntrase depositada no colexio franciscano de Lugo.

No seu labor de investigación altruista contou sempre coa axuda persoal do seu irmá frei Feliciano e material aportado por exalumnos e empresas, singularmente a padronesa Extrugasa.

Homenaxe a frei Fermín Gómez / exherbon.org
O Auditorio municipal Xosé Casal acolleu a homenaxe ao frade natural de Asorei
Avenida Padre Fermín Gómez Vigide / exherbon.org
En O Camballón inaugurouse a nova avenida e o frade prantou un aliso italiano

Onde o mundo se chama Asorei

Por Ramón Pampín Gómez

Esta é a historia de Asorei que eu coñezo, unha breve historia da terra do Pai Fermin contada no memorable día en que o Concello da vila cruceña noméao fillo predilecto e hónrao cunha rúa que levará o nome de “P. Fermín Gómez Vigide”, o home máis sabio pero tamén o máis sinxelo dos homes nados nesta terra cuxos orixes perdense máis aló do seculo VII.

Os importantes restos e achados arqueológicos do periodo megalítico, atopados no campo de mámoas do Camballón (fragmentos de vasos campaniformes, anacos de vasijas do bronce medio, láminas de ouro, coitelos de sílex e puntas de flecha), sitúan á poboación destas terras nas proximidades do ano 3.000 a.C.

A partir do s. VI a.C. comezan a chegar ao noroeste da península tribos centroeuropeas de orixe céltico que ocupan pacíficamente este territorio e mestúranse cos aborígenes, dando lugar ao florecemiento da cultura castreña, tamén presente nestas terras.

A romanización da Hispania iniciase no s. I a.C. pero en Galicia foi moi lenta e nalgúns lugares nunca chegou. Deste influxo romano na poboación de Asorei non sabemos nada e todo o que se diga son só suposicións. O historiador Murgía divulgou a asociación de Asorei con Asseconia, un poboado romano situado na vía romana que ía de Caldas de Reis a Lugo pero hoxe esta hipótese parece totalmente descartada. O que si se dá por certo é que Asorei estaba no camiño real de Ourense á Coruña.

Entre a documentación revisada, Asorei aparece mencionada por primeira vez nun documento do ano 684. Trátase dun Libro de bautizados, mortos e casados das parroquias de Oirós, Bodaño e Asorei. Aínda que este libro é común para os tres lugares, trátase con todo de feligresías diferenciadas, atendidas quizais por un só cura que creu conveniente unificar os libros.

Desde os primeiros tempos a igrexa organizaba o territorio en feligresías, que adoitaban coincidir co territorio dos primitivos castros e os curas que as atendían debían procurarse o seu propio sustento ou vivir da caridade, pero a finais do s. IV e para que os curas puidesen dedicarse en exclusiva á cura de almas e ao culto, a Igrexa redistribuiu o territorio das feligresías, e a cada unha asignóuselle unha dote que garantía o sostemento do cura e o culto, consistente en bens, diezmos, rendas, dereitos, donaciones e un sinfín mais de recursos, aos que se lle chamaba “Fabrica” a cal contaba con libros contables para anotar as partidas. O primeiro libro da Fábrica de Asorei de que teño constancia iníciase no ano 748 e termina no 806 sendo mordomo José García. Hai constancia doutro libro da Fábrica de Asorei que tivo principio no ano de 1594.

Non sempre os feligreses estaban de acordo coa cantidade de bens e rendas que debían de aportar á Fábrica, xurdindo preitos nos que ata houbo de intervir a audiencia do reino, como o librado a instancia do cura da feligresía, don José Antonio González Pardo, en torno ao 740, contra Pedro do Campo e outros de Asorei pola débeda atrasada de seis ferrados de centeo e tres de miúdo. De 1612 data tamén unha escritura de concordia e obriga subscrita polos veciños de Asorei acordando pagar ao cura o diezmo de todo.

Asorei ten unha capela presidida pola Virxe dos Remedios. A súa planta é unha sala rectangular onde nave e ábside continuábanse, actuando como único elemento de separación un arco de medio punto que descansaba sobre grosas pilastras. Estas remataban nun tosco capitel, e enriba unha imposta sen ningunha decoración. As fiestras eran en saetera con derrame interior e o teitume era de tezas sobre artesanado. A fachada, moi sinxela, o bonito campanario, e as portas e fiestras, están feitas co mellor da canteiría desta terra. Alá polos anos 70, o seu interior, as fiestras e a cuberta sufriron tal transformación que desapareceu toda siñal do seu pasado. Ao meu xuízo a capela é unha obra pouco representativa pero con algúns elementos do románico rural tardío e cuxa data de construción estaría nos finais do século XIII. Tiña un precioso retábulo barroco e nun dos seus pedestais había unha estatuilla románica de Santa Ana. Ambas obras, valiosísimas, están hoxe en paradeiro descoñecido.

O documento máis antigo que atopei relativo á capela de Asorei data do dous de abril de 1596 e é un testamento de Juan Asorey, desta feligresía, que deixa á ermida de Santa María de Asorei, unha renda dun ferrado de pan para sempre.

Madoz di no seu “Dicionario dos Pobos de España”, publicado no ano 1845, que a feligresía de Asorei deixou de funcionar como tal no ano 1768, pasando a ser anexa da de Oirós. E segundo o mesmo autor, Asorei pertencía entón ao obispado de Lugo. No censo dese ano cóntanse 12 veciños cun total 59 habitantes No censo de 1900 había 61 habitantes, e en censos posteriores cóntanse, con lixeiras fluctuacións, arredor dos 80 habitantes.

Secularmente as feligresías dependían de diferentes jurisdicións e señoríos como de San Martiño Pinario (no caso de Bodaño), ou do Conde de Lemos (como era o caso de Asorei e Oirós). Na Constitución de 1812 inténtase por primeira vez acabar con iso ao redistribuir o territorio en concellos, e nesa dirección avánzase ao longo dos anos ata que definitivamente consolídanse en 1836. Por esas datas Cruces era un simple cruzamento de camiños e a sé do Concello establécese en Carbia, e alí permanece ata 1944 en que se traslada á nova sé de Vila de Cruces, que xa entón era unha parroquia en auxe con dúas feiras mensuais. Históricamente Asorei era do Conde de Lemos e, polo tanto, estaba sometida á xurisdicción do Deza da provincia de Lugo, e cando foi incluida no concello de Carbia, pataleou para seguir pertencendo a Lalín pero a súa petición non foi atendida.

Esta é a terra do Pai Fermín, unha terra de xente laboriosa, xente agradecida, xente sinxela pero tamén xente que non lle importa loitar cando lle queren quitar o pan que con tanto esforzo procuraban para os seus fillos nun medio tan hostil. Esta é Asorei.

1 Comentario

Vila de Cruces homenaxea ao frade Fermín Gómez, que catalogou máis do 90% da flora galega

1/9/2014

0 Comentarios

 
Homenaxe a frei Fermín Gómez Vigide / exherbon.orgO alcalde de Cruces, Xesús Otero, con frei Fermín Gómez Vigide en Noia
O Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) organizará o próximo 6 de setembro, ás 12.00 horas, un acto de homenaxe ao frade franciscano Ramiro Fermín Gómez Vigide. Ademais de nomealo Fillo Predilecto, bautizarase co seu nome o tramo da rúa que discurre dende a saída do centro urbano cara a Lalín ata a finalización do lugar de O Camballón. O rexedor de Vila de Cruces, Xesús Otero, quen visitou ao frade, de 93 anos de idade, na residencia franciscana de Noia, explica que escolleu ese tramo urbano "porque é o principal acceso dos veciños de Asorei", a localidade na que naceu o insigne botánico.

A obra científica deste frade foi divulgada polo xefe do departamento de Ecosistemas Vexetais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Francisco Javier Silva. O Concello consultou tanto a este experto como a Xesús Taboada todas as cuestións relativas ao legado científico do frade. Silva explica que, nos seus comezos, Fermín Gómez recolleu diversos minerais, xa que había realizado estudios de Química na Universidade de Santiago.

Despois de 22 anos recolectando prantas xunto ao seu irmá Feliciano -tamén frade franciscano e profesor de Matemáticas-, e co asesoramento do profesor Casaseca e o Pai Laín, en 1985 Fermín Gómez publica un artígo no  que figuran una pranta novidosa a nivel europeo e outras dúas, tamén novidades en España. Atopa tamén prantas novas a nivel provincial, "como unha gramínea no monte Carrio", recoñece Silva. O seu traballo xigantesco deu pé a un herbario con 13.934 pezas, que donou hai dous anos a Lourizán. Este material "cubre pouco máis do 90% da flora galega e inclúe prantas moi raras, polo que ten repercusión internacional", di Silva, quen apunta que é un dos tres piares para estudiar a nova flora de Galicia, xunto ao herbario de Lourizán e o da Universidade de Santiago.

A futura Avenida Padre Fermín Gómez Vigide adornarase con prantas autóctonas que catalogou o relixioso franciscano e que poden verse non só en O Camballón, senón tamén noutros puntos como Carbia e Portodemouros.


0 Comentarios

    Exalumnos de Herbon / exherbon.org

    H

    Autor

    Blog colectivo de novas de actualidade da páxina web dos exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón (exherbon@gmail.com)



    O Libro do Ano

    Libro
    El libro de José Luis Rivas Guisado, recupera la memoria histórica del seminario franciscano en una época clave, 1947-1951, los años del hambre. Un volumen, de cerca de medio millar de páginas,  relata no solo la peripecia personal de Rivas sino también en buena medida la colectiva al incluir numerosos testimonios de exalumnos.
    (Exherbon.org, 2016)

    Es la historia sentimental de Herbón a través de los recuerdos. Cómo era, qué se hacía y quiénes estaban en el seminario franciscano entre 1955 y 1960. Un colegio en el que desde 1950 estudiaron más de 1.500 alumnos y hubo cerca de un centenar de profesores.
    (Exherbon.org, 2014).


    Maiores en Rede / exherbon.org
    Maiores en Rede

    Exalumnos
    na Rede

    -Rioderradeiro MMar
    -O Blog de Elías Malvar
    -Luis Cristobo


    Frades franciscanos
    no Ciberespacio

    -Arcebispo Santiago Agrelo
    -José García Oro
    -Enrique Mourille
    -Roberto Lista
    -
    Martín Carbajo


    Familia Aberta / exherbon.org
    Unha resposta á soidade

    Publicacións


    Imagen

    El Eco Franciscano / exherbon.org

    Imagen

    Blogs amigos

    Proxecto Sementar / exherbon.org

    Chiara di Dio, musical de Carlo Tedeschi, trailer

    Arquivos

    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Diciembre 2017
    Agosto 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Diciembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Enero 2016
    Octubre 2015
    Agosto 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Septiembre 2014
    Agosto 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Octubre 2013
    Septiembre 2013
    Agosto 2013
    Julio 2013
    Mayo 2013
    Abril 2013
    Marzo 2013
    Febrero 2013
    Diciembre 2012
    Noviembre 2012
    Octubre 2012
    Agosto 2012
    Abril 2012
    Enero 2012
    Septiembre 2011


    Categorías

    Todos
    Abel Méndez Vence
    A Goleta
    Alfonso Rico Verea
    Alfonso Rodríguez Pena
    Alfredo García Coto
    Alfredo Vega
    Amipa
    A Miserela
    Andrés Láiz González
    Andrés Marques Fernández
    Ángel López Soto
    Antonio Autrán Bustelo
    Antonio Crespo
    Antonio De Herosa
    Antonio González Taboada
    Antonio Luengo Olivera
    Antonio Pereiro García
    Antonio Varela Pazos
    Antonio Veloso Mosquera
    Antonio Viñas Otero
    Antón Lamazares
    Anxo Angueira Viturro
    Arcebispo Carballo
    Argimiro Rojo Salgado
    Asociación De Amigos Do Camiño De Santiago
    Asorei
    Aureliano Alcalá Ortega
    Baldomero García Boto
    Benito Estévez Fernández
    Botánica
    Cabaleiro Franciscano
    Cabaleiros Franciscanos
    Camiño De Santiago
    Campaña BIC
    Cancioneiro Popular De Galicia
    Carlos Amigo
    Carme Durán
    Christine García López
    Convento De Santiago
    Cotolaia
    Darío Basso
    Darío Marqués Blanco
    Darío Xoán Cabana
    Daviz Fernández Rivera
    Deputación De Ourense
    Desescribir
    Domingo Barreiros
    Editorial El Eco Franciscano
    Eladio G. Tubío
    Eliseu Mera
    El Tiempo De La Memoria
    Emilio Carlos García Fernández
    Emilio Carlos; García Fernández
    Emilio Rúa
    Encontro Anual
    Enrique Roberto Lista García
    Eulogio Barredo Álvarez
    Eu Non Canto Por Cantar
    Extrugasa
    Federico Rodríguez García
    Feliciano Gómez
    Fernando Fernández García
    Festa Do Pemento
    F. Javier Silva
    Fogas De Espiritualidade
    Foliada
    Fotos
    Francisco Eustaquio Martínez Rodríguez
    Francisco Honrubia
    Francisco Javier Castro Negro
    Francisco Javier Silva
    Francisco Pedro García Fernández
    Francisco Penín Estévez
    Fraternidade
    Frei Antonio De Herosa
    Frei Antonio Tembra
    Frei Feliciano G. Vigide
    Frei Fermín Gómez
    Frei Fermín Gómez Vigide
    Frei Fermín G. Vigide
    Frei Henrique Lista
    Frei Henrique R. Lista
    Frei Hipólito Barriguín
    Frei Humberto Castro
    Frei Paco Castro
    Frei Xaquín Pulleiro
    Frei Xosé Antonio Castiñeira
    Frei Xosé García Oro
    Frei Xosé R. Carballo
    Fundación Caixagalicia
    García Pan
    Henrique Alvarellos
    Herbario
    Herbario De Lourizán
    Herbón
    Herbón BIC
    Hipólito Barriguín
    Humberto Castro
    Instituto De Estudios Irienses
    Instituto Xelmírez II
    Iustel
    Jesús Verea Sánchez
    Jorge Luis Santín González
    José Antonio Lobelle Quintillán
    José Carrillo
    José Castro Ratón
    José Luis López Jara
    José Luis Soto Pérez
    José María Redondo Díaz
    Juan David Martínez Fernández
    Juan Donoso Valdivieso Pastor
    Juan M. Carpintero Rama
    Juan R. Fernández Crespo
    Julio Agra López
    Leandro Fernández Álvarez
    Leopoldo Rodríguez Díaz
    Lourizán
    Louro
    Luis Cristobo Vicente
    Luis Fernández Silvoso
    Luis Quinteiro
    Maite Mosquera Noia
    Manoele De Felisa
    Manuel Arias López
    Manuel Dios
    Manuel G. Lorenzo
    Manuel Lázaro Martínez Caamaño
    Manuel Muñoz
    Manuel Pombo
    Manuel Rico Verea
    Manuel Varela
    Marcos Xesús Vega García
    Miguel Anxo Viro
    Monseñor Xulián Barrio
    Monte Do Gozo
    Museo De Terra Santa
    Nava Castro
    O Camballón
    Otero Pedrayo
    Padre Manuel Feijoo
    Padroado Rosalía Castro
    Pai Laín
    Patricia Sánchez
    Paz E Ben
    Peregrinación
    Pilar García García
    Pontecesures
    Premio Portapaz 2013
    Profesor Casaseca
    Rafael S. Bargiela
    Ramón Pampín
    Ramón Pampín Gómez
    Ramón Rey
    Raquel Clemente
    Real Banda De Gaitas
    Remonte
    Rianxo
    Ricardo Seguín
    Río Ulla
    Roberto Freire
    Roberto Freire Hernando
    Roberto Hermida Granja
    Roberto Reboredo Quintá
    Roxelio González
    Roxelio Ronzález Escaleira
    Ruta Fluvial
    Santiago Fernández Murias
    Santo Antonio
    Sarmiento
    Schola Cantorum Herbonensis
    Secundino Reboiras
    Segundo Pérez
    Sementar
    Seminario Franciscano
    Seminario Galego De Educación Para A Paz
    Serafin Antoñón Fernández
    Severino Ortiz
    Supermercados Gadis
    Suso García
    Terra Santa
    Terras De Iria
    Textos
    Turismo De Galicia
    Usc
    Víctor Peña
    Vídeos
    Vila De Cruces
    Viravolta
    Virgilio González Otero
    Xerardo Estévez
    Xesús Antonio Díaz Pereiro
    Xesús García
    Xesús Otero
    Xi Encontro
    X. M. García Iglesias
    Xoán Manuel Carpintero
    Xoán M. Carpintero
    Xosé A. Castiñeira
    Xosé Antonio Castiñeira
    Xosé Carías
    Xosé Carlos Beiró Piñeiro
    Xosé Constenla
    Xosé García Oro
    Xosé Luis Rivas
    Xosé Luis Soto Pérez
    Xosé Manuel Casal
    Xosé María Valderrey González
    Xosé M. Bernárdez
    Xosé R. Carballo
    Xosé Rodríguez Carballo

    Fuente RSS


Aviso Legal                                        Contacto                                         "Louvado sexas, meu Señor, polo irmán sol, a lúa e as estrelas"

Imagen