• Inicio
  • Historia
  • Listados
  • Encontros
  • Fotos
  • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón

Santiago Agrelo: pobre, hermano, creyente, rebelde

21/6/2017

0 Comentarios

 
Imagen
El arzobispo Santiago Agrelo Martínez es rianxeiro de Asados (A Coruña)

Juanjo Peris

Hoy, 20 de junio, Santiago Agrelo cumple 75 años y tal como está establecido, presentará su dimisión como arzobispo de Tánger al Papa Francisco. “Me iré dando gracias y pidiendo perdón… a Dios y a los pobres” publicó en su cuenta de Facebook a raíz de una reciente entrevista. Para mí es una oportunidad de dar gracias a Dios por todo lo vivido y aprendido primero en los años que pude colaborar junto a él en la diócesis de Tánger y luego a través de lo que le he podido seguir mediante correos y redes sociales.
Quisiera compartir algunos rasgos de él que personalmente me han impactado y ayudado. Del tímido obispo que me presentaron recién llegado a Marruecos, del que me costaba entender sus homilías, al obispo que conocemos hoy que va al bosque a buscar y encontrarse con los migrantes que sufren, que pone nombre y denuncia las injusticias, y que se enfrenta con el poder, hay una preciosa evolución. Quizás porque, como le oí alguna vez entre pasillos ,“cuanto más viejo me hago más me interesan las cosas de Dios y de los pobres y menos importancia le doy a todo lo demás”.

Obispo de una iglesia de hospital de campaña que cuida de los pequeños, sale al bosque a buscar al inmigrante, curar heridas y dar calor y alimentos. Es vulnerable ante el sufrimiento del otro y permite que este le interpele y le transforme. Se ha encontrado cara a cara con el drama, el sufrimiento, las situaciones que desbordan.

Quiere una iglesia que sea percibida como “pobre entre los pobres que comparte lo que tiene” no como “ricos que dan cosas a los pobres”. Cuando de madrugada los pobres que vienen desde lejos llaman a la puerta, es el obispo quien responde y comparte lo que tenga en la despensa. No se preocupa demasiado del futuro porque confía absolutamente en Dios sabiendo que Dios va a cuidar de nosotros mejor de lo que nosotros mismos podríamos hacerlo.

“No me identifico con la palabra monseñor, siempre fui educado para ser un hermano menor” me dijo una vez mientras firmaba algo en el que aparecería su nombre junto al título. Hermano universal que se dirige a cristianos y musulmanes compartiendo sentimientos y preocupaciones. Se manifiesta contra los poderes que toleran con indiferencia que haya muertes en las fronteras. Denuncia que “las políticas migratorias son un crimen contra la humanidad, de las que un día nos avergonzaremos”. Se rebela contra los medios de comunicación (especialmente si están financiados con dinero de la conferencia episcopal) que expanden mensajes de odio o que criminalizan a los pobres.

Como de la cruz nace la vida, del encuentro con las situaciones de dolor de una iglesia pequeña y sin poder, brota la esperanza. Su mirada mística a la frontera sacude a un occidente “voluntariamente ciego”. Los pobres han venido desde lejos para salvarnos. “El Cristo medio muerto se ha de encontrar con el Cristo medio vivo”. El futuro de ellos y de la iglesia está unido. “Si no hay futuro para los pobres en la iglesia tampoco lo habrá para una iglesia sin pobres”.
Gracias a Dios por 75 años de vida. Gracias por ser vulnerable, pobre, hermano, creyente, rebelde. Le deseo que siga generando vida, cuando el Papa Francisco decida aceptar su renuncia, allá donde le toque.

Publicado en Blog de Cristianisme e Justícia

0 Comentarios

Medio cento de exalumnos concorren a un Santo Antonio sen procesión pola choiva

13/6/2017

0 Comentarios

 
Festa-romaría Santo Antonio de Herbón 2017 / exherbon.org
Máis de medio cento de exalumnos xuntáronse na festa-romaría do Santo Antonio 2017
Gelo Rañón dirixirá a Escola de Vernán 2017 / exherbon.orgGelo Rañón dirixirá a Escola de Verán 2017

Foi un Santo Antonio pasado por auga, de maneira que non houbo procesión. Pouco máis de medio cento de exalumnos concorreron un ano máis á xa tradicional festa-romaría do Santo Antonio, patrono do convento e seminario, aínda que este ano, o día 5, a Fraternidade Franciscana de Herbón tamén festexou á Virxe das Angustias.

Os actos comezaron ás 12 coa misa solemne cantada pola Schola Cantorum e presidida polo provincial dos franciscanos, aperitivos no claustro e xantar de irmandade no refectorio dos exalumnos, cun menú integrado por queixo, xamón, polvo á feira, cordeiro estofado, tarta de queixo, cafés e chupitos, ademáis das bebidas (viños mencía e país, cervexas e auga).

Ao remate, celebrouse a asemblea xeral ordinaria da Asociación ASAFA e as votacións para elixir ao novo Premio Esclavina de Prata 2017, que nesta ocasión recaeu no arcebispo frei Xosé Rodríguez Carballo “por ser un exalumno exemplar sempre ao servizo da OFM, da Igrexa e dos seus compañeiros de Herbón”, segundo as votacións maioritarias dos exalumnos.

Tamén se escolleu, de entre cinco opcións, a que se levará a cabo este ano na Escola de Verán 2017 Herbón: trátase do inicio da catalogación do fondo bibliográfico existente e composto por máis de 30.000 libros e documentos, actualmente espallados no antigo salón de estudios e diferentes aulas.

O coordenador desta actividade será o compañeiro Gelo Rañón, que tamén forma parte do Padroado da Fundación Convento de Herbón en representación da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA).

(ENGADIDO: esta actividade da Escola de Verán 2017 foi suspendida o 24/06/2017)

(Máis fotografías da festa-romaría 2017)


Premio Esclavina de Prata 2017
O arcebispo frei Xosé Rodríguez Carballo foi elixido Premio Esclavina de Prata 2017 pola maioría dos exalumnos

Un exalumno de Herbón, ministro do Vaticano


Xosé Rodríguez Carballo, nado en Lodoselo (Sarreaus-Ourense) o 11 de agosto de 1953, é un frade católico, pertencente á Orde Franciscana, ademais de arcebispo e dende 2013 secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. O 18 de maio de 2013 foi ordenado bispo na Catedral de Santiago de Compostela polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarsicio Bertone, e nomeado arcebispo titular de Belcastro.

Despois de estudar nos seminarios de Castroverde de Campos (Zamora) e de Herbón (A Coruña), licenciouse en teoloxía bíblica en Xerusalén e en Santas Escrituras en Roma. Ordenouse como franciscano en 1971 e profesou solemnemente na orde en 1976. Ao ano seguinte foi ordenado crego polo papa Paulo VI en Roma. Participou na tradución da Biblia ao galego traballando no Libro das Crónicas. En 2003 foi elixido ministro xeral da orde (o seu cargo máis elevado), co que se converteu no 119º frade en facelo dentro da orde dos frades menores (OFM).

Continuou no seu cargo ata que en 2013 o papa Francisco noméao arcebispo de Belcastro, unha pequena aldea da Calabria, cargo simbólico que acompaña á dignidade arcebispal. Ao mesmo tempo o papa designouno secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, que vén sendo o equivalente a un ministro do goberno vaticano coa responsabilidade sobre a organización interna das ordes relixiosas e dos grupos de leigos.

0 Comentarios

Frei Hipólito Barriguín, a xeración do cambio

12/6/2017

0 Comentarios

 
Presentación do monográfico adicado a frei Hipólito Barriguín / exherbon.org
Ao acto de presentación do monográfico do "Liceo Franciscano" adicado a frei Hipólito concorreron unha trintena de persoas
Presentación de Frei Xosé A. Castiñeira presidiu a presentación
Por Luis Cristobo

Péchase unha etapa e ábrese outra. Así se puxo de manifesto hoxe na presentación do último número (205-207) da revista “Liceo Franciscano”, dedicado por enteiro a homenaxear a figura do frade e arquiveiro frei Hipólito Barriguín Fernández (Viñayo-León, 1947 – Santiago de Compostela, 2016), acto ao que asistiron unha trintena de persoas. Son 202 páxinas escritas polas súas amizades persoais e por expertos universitarios, fundamentalmente historiadores, cos que se relacionou nos seus últimos anos.

Frei Hipólito foi “vida, alegría e testemuño”, segundo o director da revista, frei Xoán Manuel Buxán, mentres que a coordenadora deste monográfico, a doutora Milena Cortés, debullou polo miúdo os contidos. O ministro provincial, frei Xosé A. Castiñeira, asegurou que frei Hipólito atópase agora “no arquivo e na biblioteca do ceo”, despois de destacar o seu “carisma e valores franciscanos” e a súa proximidade amigable cos exalumnos do seminario franciscano de Herbón.

Pola miña banda, debo dárlle-las grazas ao director da revista frei Xoán Manuel Buxán, e á coordenadora deste número monográfico, a doutora Milena Cortés, por invitarme a participar co artigo “Frei Hipólito Barriguín, a xeración do cambio” (páxinas 37-55) na homenaxe á figura do noso amigo frade e arquiveiro.

O meu plantexamento á hora de abordar a figura de frei Hipólito Barriguín parte do concepto de cambio social, tamén chamado transformación social ou cambio sociocultural. (O cambio social é a totalidade dos cambios ou modificacións na estructura dunha sociedade habidos nun espacio de tempo).

Na súa vida, e na de moitos de nós, frei Hipólito experimentou o cambio da dictadura política á democracia formal, o cambio dunha sociedade do antigo réxime ou medieval a unha sociedade post industrial e da postverdade, da era de Gutenberg e o libro físico ao libro electrónico, da escritura á man a Internet, do latín ás linguas vernáculas ou nativas, do Concilio de Trento ao Vaticano II,...
 
Toda esta voráxine de cambios amoreados prodúxose no último medio século, como se a sociedade estivera vivindo unha etapa de aceleración, de cambio continuo, que continúa agora mesmo.
 
Frei Hipólito sempre se refuxiou nos valores primixenios do humanismo franciscano: fraternidade, dignidade, respeto, amor, servizo, humildade, paz, liberdade, sinxeleza, ecoloxía,... Son os mesmos valores liberadores da Revolución Francesa e constitúen tamén o miolo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
 
Valores nos que frei Hipólito sempre encontrou algo de luz nestes tempos de escuridade e de desconcerto teórico e social. Son ideas-forza que sempre defendeu na súa vida, na súa palabra e na súa tronzada práctica historiográfica.
 
Polo tanto, tan vixentes onte coma hoxe pois fincan as súas radices na mellor tradición dos valores humanistas, uns valores cando menos tan válidos coma o capitalismo salvaxe neoliberal que nos goberna hoxe en contra nosa, pois convírtenos en escravos, en contribuíntes netos.
 
Uns valores, os de frei Hipólito, que deberíamos proclamar e defender se queremos sobrevivir como persoas con dereitos, e non como números, mercancía ou simples consumidores e sufridores da historia.  Ao meu entender, ese foi o seu mellor legado, o que nos deixou a todos nós.

Frei Hipólito deixou un legado de valores franciscanos e de historias ben documentadas
0 Comentarios

Mauricio Burdino, o anti papa Gregorio VIII, litigou con Xelmírez polas reliquias de Santiago Apóstolo

9/6/2017

0 Comentarios

 
Biblioteca Provincial Franciscana de Santiago / exherbon.org
A Biblioteca Provincial Franciscana, que dirixe frei Miguel de la Mata, conta con máis de 100.000 volumes, deles 72 incunables
Francesco Renzi abre as actividades da Biblioteca Provincial Franciscana / exherbon.orgO investigador Francesco Renzi (no centro), nun momento da súa disertación
O investigador italiano e profesor Francesco Renzi, na actualidade na Universidade de Porto (Portugal), impartiu un seminario para falar polo miúdo sobre a figura de Mauricio Burdino, máis coñecido como o antipapa Gregorio VIII, unha actividade coa que reabriu oficialmente as súas portas a Biblioteca Provincial Franciscana.

Renzi referiuse polo miúdo ás fontes bibliográficas sobre Mauricio Burdino. Foi un relixioso francés, de nome Maurice Burdin, seguramente nado en Limousin (Francia) e que ocupou, entre outros cargos, os arcebispados portugueses de Coimbra e Braga, este último desde 1109 a 1114. Burdino protagonizou durante o seu mandato na sede bracarense a máis soada disputa relacionada coas reliquias do apóstolo Santiago o Maior.

Tres anos despois do roubo no ano 1102 –“pío latrocinio”, denominouse desde Santiago– polo prelado compostelán Diego Xelmírez dunha serie de reliquias na cidade de Braga, Mauricio Burdino peregrina a Terra Santa. En Xerusalén faise co que asegura que era o cranio do apóstolo Santiago o Maior, que rouba nunha igrexa. Ao regresar da longa peregrinación, en 1109, Burdino é nomeado arcebispo de Braga. Nese momento, pretende pór en dúbida a autenticidade da reliquia compostelá –el ten a súa cabeza, afirma­– e, con ela, o prestixio do santuario de Santiago.

Tras unha serie de vicisitudes, a Igrexa de Santiago, con Diego Xelmírez á fronte, acaba impondo o seu poder e a suposta cabeza apostólica termina en Compostela, previa intercesión da reina dona Urraca de Castela, en 1116. Algún tempo despois Mauricio chegará a ser antipapa (1118-1121) co nome de Gregorio VIII e a obter para Braga, en compensación pola perda da cabeza de Santiago o Maior, que con este nome recíbese en Santiago, a reliquia do santo e mártir persa Santiago o Interciso. O anti papa morre encarcerado en Salerno (Italia) en 1137.

Co paso do tempo, as autoridades eclesiásticas compostelás reflexionarían sobre as vantaxes ou inconvintes de aceptar como pertencente a Santiago o Maior a reliquia traída de Xerusalén por Burdino -significaba pór en dúbida a integridade do seu corpo en Compostela- e acabaron atribuíndoa a Santiago o Menor ou Santiago Alfeo, tal e como hoxe séguese coñecendo, conservada nun fermoso relicario na catedral compostelá.

Este seminario estivo organizado en colaboración coa Rede de Estudos Medievais e o Departamento de Historia da Universidade de Santiago (USC). Unha oportunidade non só de coñecer un pouco máis sobre a historia europea dos séculos XI e XII senón tamén de visitar de primeira man os valiosos fondos bibliográficos que atesoura a Biblioteca Provincial Franciscana, situada no Convento de San Francisco de Santiago de Compostela, e integrada por máis de 100.000 volumes, entre eles 72 incunables.

0 Comentarios

    Exalumnos de Herbon / exherbon.org

    H

    Autor

    Blog colectivo de novas de actualidade da páxina web dos exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón (exherbon@gmail.com)



    O Libro do Ano

    Libro
    El libro de José Luis Rivas Guisado, recupera la memoria histórica del seminario franciscano en una época clave, 1947-1951, los años del hambre. Un volumen, de cerca de medio millar de páginas,  relata no solo la peripecia personal de Rivas sino también en buena medida la colectiva al incluir numerosos testimonios de exalumnos.
    (Exherbon.org, 2016)

    Es la historia sentimental de Herbón a través de los recuerdos. Cómo era, qué se hacía y quiénes estaban en el seminario franciscano entre 1955 y 1960. Un colegio en el que desde 1950 estudiaron más de 1.500 alumnos y hubo cerca de un centenar de profesores.
    (Exherbon.org, 2014).


    Maiores en Rede / exherbon.org
    Maiores en Rede

    Exalumnos
    na Rede

    -Rioderradeiro MMar
    -O Blog de Elías Malvar
    -Luis Cristobo


    Frades franciscanos
    no Ciberespacio

    -Arcebispo Santiago Agrelo
    -José García Oro
    -Enrique Mourille
    -Roberto Lista
    -
    Martín Carbajo


    Familia Aberta / exherbon.org
    Unha resposta á soidade

    Publicacións


    Imagen

    El Eco Franciscano / exherbon.org

    Imagen

    Blogs amigos

    Proxecto Sementar / exherbon.org

    Chiara di Dio, musical de Carlo Tedeschi, trailer

    Arquivos

    Agosto 2018
    Junio 2018
    Diciembre 2017
    Agosto 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Diciembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Enero 2016
    Octubre 2015
    Agosto 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Septiembre 2014
    Agosto 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Octubre 2013
    Septiembre 2013
    Agosto 2013
    Julio 2013
    Mayo 2013
    Abril 2013
    Marzo 2013
    Febrero 2013
    Diciembre 2012
    Noviembre 2012
    Octubre 2012
    Agosto 2012
    Abril 2012
    Enero 2012
    Septiembre 2011


    Categorías

    Todos
    Abel Méndez Vence
    A Goleta
    Alfonso Rico Verea
    Alfonso Rodríguez Pena
    Alfredo García Coto
    Alfredo Vega
    Amipa
    A Miserela
    Andrés Láiz González
    Andrés Marques Fernández
    Ángel López Soto
    Antonio Autrán Bustelo
    Antonio Crespo
    Antonio De Herosa
    Antonio González Taboada
    Antonio Luengo Olivera
    Antonio Pereiro García
    Antonio Varela Pazos
    Antonio Veloso Mosquera
    Antonio Viñas Otero
    Antón Lamazares
    Anxo Angueira Viturro
    Arcebispo Carballo
    Argimiro Rojo Salgado
    Asociación De Amigos Do Camiño De Santiago
    Asorei
    Aureliano Alcalá Ortega
    Baldomero García Boto
    Benito Estévez Fernández
    Botánica
    Cabaleiro Franciscano
    Cabaleiros Franciscanos
    Camiño De Santiago
    Campaña BIC
    Cancioneiro Popular De Galicia
    Carlos Amigo
    Carme Durán
    Christine García López
    Convento De Santiago
    Cotolaia
    Darío Basso
    Darío Marqués Blanco
    Darío Xoán Cabana
    Daviz Fernández Rivera
    Deputación De Ourense
    Desescribir
    Domingo Barreiros
    Editorial El Eco Franciscano
    Eladio G. Tubío
    Eliseu Mera
    El Tiempo De La Memoria
    Emilio Carlos García Fernández
    Emilio Carlos; García Fernández
    Emilio Rúa
    Encontro Anual
    Enrique Roberto Lista García
    Eulogio Barredo Álvarez
    Eu Non Canto Por Cantar
    Extrugasa
    Federico Rodríguez García
    Feliciano Gómez
    Fernando Fernández García
    Festa Do Pemento
    F. Javier Silva
    Fogas De Espiritualidade
    Foliada
    Fotos
    Francisco Eustaquio Martínez Rodríguez
    Francisco Honrubia
    Francisco Javier Castro Negro
    Francisco Javier Silva
    Francisco Pedro García Fernández
    Francisco Penín Estévez
    Fraternidade
    Frei Antonio De Herosa
    Frei Antonio Tembra
    Frei Feliciano G. Vigide
    Frei Fermín Gómez
    Frei Fermín Gómez Vigide
    Frei Fermín G. Vigide
    Frei Henrique Lista
    Frei Henrique R. Lista
    Frei Hipólito Barriguín
    Frei Humberto Castro
    Frei Paco Castro
    Frei Xaquín Pulleiro
    Frei Xosé Antonio Castiñeira
    Frei Xosé García Oro
    Frei Xosé R. Carballo
    Fundación Caixagalicia
    García Pan
    Henrique Alvarellos
    Herbario
    Herbario De Lourizán
    Herbón
    Herbón BIC
    Hipólito Barriguín
    Humberto Castro
    Instituto De Estudios Irienses
    Instituto Xelmírez II
    Iustel
    Jesús Verea Sánchez
    Jorge Luis Santín González
    José Antonio Lobelle Quintillán
    José Carrillo
    José Castro Ratón
    José Luis López Jara
    José Luis Soto Pérez
    José María Redondo Díaz
    Juan David Martínez Fernández
    Juan Donoso Valdivieso Pastor
    Juan M. Carpintero Rama
    Juan R. Fernández Crespo
    Julio Agra López
    Leandro Fernández Álvarez
    Leopoldo Rodríguez Díaz
    Lourizán
    Louro
    Luis Cristobo Vicente
    Luis Fernández Silvoso
    Luis Quinteiro
    Maite Mosquera Noia
    Manoele De Felisa
    Manuel Arias López
    Manuel Dios
    Manuel G. Lorenzo
    Manuel Lázaro Martínez Caamaño
    Manuel Muñoz
    Manuel Pombo
    Manuel Rico Verea
    Manuel Varela
    Marcos Xesús Vega García
    Miguel Anxo Viro
    Monseñor Xulián Barrio
    Monte Do Gozo
    Museo De Terra Santa
    Nava Castro
    O Camballón
    Otero Pedrayo
    Padre Manuel Feijoo
    Padroado Rosalía Castro
    Pai Laín
    Patricia Sánchez
    Paz E Ben
    Peregrinación
    Pilar García García
    Pontecesures
    Premio Portapaz 2013
    Profesor Casaseca
    Rafael S. Bargiela
    Ramón Pampín
    Ramón Pampín Gómez
    Ramón Rey
    Raquel Clemente
    Real Banda De Gaitas
    Remonte
    Rianxo
    Ricardo Seguín
    Río Ulla
    Roberto Freire
    Roberto Freire Hernando
    Roberto Hermida Granja
    Roberto Reboredo Quintá
    Roxelio González
    Roxelio Ronzález Escaleira
    Ruta Fluvial
    Santiago Fernández Murias
    Santo Antonio
    Sarmiento
    Schola Cantorum Herbonensis
    Secundino Reboiras
    Segundo Pérez
    Sementar
    Seminario Franciscano
    Seminario Galego De Educación Para A Paz
    Serafin Antoñón Fernández
    Severino Ortiz
    Supermercados Gadis
    Suso García
    Terra Santa
    Terras De Iria
    Textos
    Turismo De Galicia
    Usc
    Víctor Peña
    Vídeos
    Vila De Cruces
    Viravolta
    Virgilio González Otero
    Xerardo Estévez
    Xesús Antonio Díaz Pereiro
    Xesús García
    Xesús Otero
    Xi Encontro
    X. M. García Iglesias
    Xoán Manuel Carpintero
    Xoán M. Carpintero
    Xosé A. Castiñeira
    Xosé Antonio Castiñeira
    Xosé Carías
    Xosé Carlos Beiró Piñeiro
    Xosé Constenla
    Xosé García Oro
    Xosé Luis Rivas
    Xosé Luis Soto Pérez
    Xosé Manuel Casal
    Xosé María Valderrey González
    Xosé M. Bernárdez
    Xosé R. Carballo
    Xosé Rodríguez Carballo

    Fuente RSS


Aviso Legal                                        Contacto                                         "Louvado sexas, meu Señor, polo irmán sol, a lúa e as estrelas"

Imagen