In memoriam De condición campechano, verbo animoso e fluído, home de fe, conducido polo ideal franciscano. Viviu, serviu...; ouro en pano, con seráfica humildade departiu fraternidade e comprensión; foi humano. Cando Deus o convocou pola vía natural, obediente e puntual, acudiu, logo pensou … que era a cita principal: HUMBERTO CASTRO aceptou, cristianamente, o final. En testamento, deixou concordia por capital. Rioderradeiro MMar (Manuel María Pena Silva) |