• Inicio
  • Historia
  • Estatutos, contas e actas
  • Listados
  • Encontros
  • MULTIMEDIA
    • Fotos
    • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
  • Santo Antonio
Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón

A Xunta edita as "Floriñas de San Francisco de Asís" no Día do Libro

23/4/2014

0 Comentarios

 
As Floriñas de San Francisco de Asís / exherbon.org
Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas por Darío Basso
Presentación de R. Bargiela, X. A. Castiñeira, Nava Castro, Darío X. Cabana e H. Alvarellos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, presentou hoxe a tradución ao galego do libro ‘As floriñas de San Francisco’, unha acción divulgativa que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e que se celebrou en Compostela na data que se conmemora o Día Mundial do Libro.
Na presentación interviron tamén Xosé Antonio Castiñeira, ministro provincial dos Franciscanos en Galicia, o tradutor Darío Xohán Cabana e máis o coeditor, Henrique Alvarellos.

Co gallo desta conmemoración edítase por primeira vez en lingua galega o célebre texto do século XIV sobre a vida do Santo de Asís. A tradición da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago parte das fontes franciscanas denominadas Actus Beati Francisci et Sociorum Eius, unha recompilación de finais do século XIII da vida e actos de San Francisco e os seus discípulos que se sintetiza nesta obra maxistralmente traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso. A tradución é pura dende o idioma orixinal.

A directora de Turismo explicou na súa intervención que, foi na Catedral de Santiago, segundo se recolle no capítulo IV desta obra, onde lle foi revelado ao Santo de Asís a súa misión de espallar a súa Orde polo mundo. ‘As Floriñas’ ten sido traducida a varios idiomas e conta con máis de 50 capítulos, cuxas letras capitulares foron feitas unha a unha e deseñadas polo ilustrador Darío Basso, que realizou outras 17 acuarelas para a edición. Segundo comentou Nava Castro, “trátase dun libro estético, unha pequena xoia bibliográfica que conservar como lembranza desta conmemoración e das ensinanzas do santo de Asís”. E engadiu que “a través dos actos conmemorativos deste VIII Centenario achegámonos á figura de San Francisco de Asís e á súa vinculación co culto xacobeo a través de diversas perspectivas”.

 Segundo lembrou a directora de Turismo, foi precisamente Asís, a terra de San Francisco acolleu o primeiro dos eventos da conmemoración, a mostra Peregrino e Novo Apóstol. San Francisco no Camiño de Santiago, que se puido visitar o pasado verán e que neste verán 2014 chegará nunha versión ampliada ao compostelán Pazo de Fonseca.

Outros proxectos expositivos relevantes desta conmemoración foron San Francisco e o Belén, que se puido ver en Compostela este Nadal e que foi visitada por máis de 28 mil persoas. Nava Castro tamén comentou que neste momento, Compostela acolle dúas mostras enmarcadas nos actos relacionados coa efeméride. Unha delas é Auga Doce, unha exposición con diferentes expresións artísticas que pode visitarse na Cidade da Cultura ata setembro. E a outra, Il Cammino di Francesc, unha mostra fotográfica de Steve McCurry que percorre os lugares e espazos sagrados da vida de San Francisco a través dos ollos deste prestixioso fotógrafo da Axencia Magnum.

Ademais, avanzou que Turismo de Galicia traballa na mostra On The Road, o gran proxecto expositivo do centenario; unha mostra de arte moderna que se desenvolverá no Pazo de Xelmírez e mais na igrexa e no cemiterio de Bonaval.

Proxectos expositivos itinerantes complementan a dinamización cultural do centenario, xunto coas programacións musicais e teatrais, como o programa Cultura no Camiño, que dende abril a setembro dinamiza con espectáculos as vilas xacobeas; ou as actuacións da Nova Galega de Danza, o festival de Música Sacra ou ciclos de cinema de temática franciscana.

A programación do centenario conta tamén con grandes citas congresuai. Así, o primeiro Congreso de Peregrinacións e Turismo organizado en colaboración coa Organización Mundial del Turismo e a Secretaria de Estado de Turismo; o I Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que reunirá por primeira vez en Galicia aos representantes das Asociacións de Amigos do Camiño que existen por todo o mundo.

Ademais, Galicia acollerá este verán a Primeira Travesía Náutica Xacobea, que percorrerá máis de 1.500 millas náuticas e recalará en 14 portos de Italia, Francia, España e Portugal antes de chegar a Galicia, na súa Ruta Mediterránea e partirá de Inglaterra, Irlanda e Francia para confluír nas Rías Baixas coas embarcacións da Ruta Mediterránea.

Os Fioretti datan do século XIV

Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas, para esta coidada edición, por Darío Basso.
Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e miragres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da Orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.
Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, e por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.
Darío Xohán Cabana (Roás, Terra Chá, Lugo, 1952) é poeta, narrador e tradutor. Da súa man chegaron traducidas ao galego, entre outras, a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo ou Os trobadores da Occitania.
Darío Basso (Caracas, 1966) é un artista de orixe viguesa con obra exposta en medio mundo. Defínese como pintor matérico. Nos seus lenzos, a natureza deixa unha fonda pegada.
Edita: Alvarellos Editora, Santiago de Compostela, 2014 (141 páxinas).
Prezo: 28 euros.
0 Comentarios



Deja una respuesta.


    Exalumnos de Herbon / exherbon.org

    H

    Autor

    Blog colectivo de novas de actualidade da páxina web dos exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón (exherbon@gmail.com)



    O Libro do Ano

    Libro
    El libro de José Luis Rivas Guisado, recupera la memoria histórica del seminario franciscano en una época clave, 1947-1951, los años del hambre. Un volumen, de cerca de medio millar de páginas,  relata no solo la peripecia personal de Rivas sino también en buena medida la colectiva al incluir numerosos testimonios de exalumnos.
    (Exherbon.org, 2016)

    Es la historia sentimental de Herbón a través de los recuerdos. Cómo era, qué se hacía y quiénes estaban en el seminario franciscano entre 1955 y 1960. Un colegio en el que desde 1950 estudiaron más de 1.500 alumnos y hubo cerca de un centenar de profesores.
    (Exherbon.org, 2014).


    Maiores en Rede / exherbon.org
    Maiores en Rede

    Exalumnos
    na Rede

    -Rioderradeiro MMar
    -O Blog de Elías Malvar
    -Luis Cristobo


    Frades franciscanos
    no Ciberespacio

    -Arcebispo Santiago Agrelo
    -José García Oro
    -Enrique Mourille
    -Roberto Lista
    -
    Martín Carbajo


    Familia Aberta / exherbon.org
    Unha resposta á soidade

    Publicacións


    Imagen

    El Eco Franciscano / exherbon.org

    Imagen

    Blogs amigos

    Proxecto Sementar / exherbon.org

    Chiara di Dio, musical de Carlo Tedeschi, trailer

    Arquivos

    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Agosto 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Agosto 2018
    Junio 2018
    Diciembre 2017
    Agosto 2017
    Junio 2017
    Mayo 2017
    Diciembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Marzo 2016
    Enero 2016
    Octubre 2015
    Agosto 2015
    Mayo 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014
    Octubre 2014
    Septiembre 2014
    Agosto 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Enero 2014
    Diciembre 2013
    Noviembre 2013
    Octubre 2013
    Septiembre 2013
    Agosto 2013
    Julio 2013
    Mayo 2013
    Abril 2013
    Marzo 2013
    Febrero 2013
    Diciembre 2012
    Noviembre 2012
    Octubre 2012
    Agosto 2012
    Abril 2012
    Enero 2012
    Septiembre 2011


    Categorías

    Todos
    Abel Méndez Vence
    A Goleta
    Alfonso Rico Verea
    Alfonso Rodríguez Pena
    Alfredo García Coto
    Alfredo Vega
    Amipa
    A Miserela
    Andrés Láiz González
    Andrés Marques Fernández
    Ángel López Soto
    Antonio Autrán Bustelo
    Antonio Crespo
    Antonio De Herosa
    Antonio González Taboada
    Antonio Luengo Olivera
    Antonio Pereiro García
    Antonio Varela Pazos
    Antonio Veloso Mosquera
    Antonio Viñas Otero
    Antón Lamazares
    Anxo Angueira Viturro
    Arcebispo Carballo
    Argimiro Rojo Salgado
    Asociación De Amigos Do Camiño De Santiago
    Asorei
    Aureliano Alcalá Ortega
    Baldomero García Boto
    Benito Estévez Fernández
    Botánica
    Cabaleiro Franciscano
    Cabaleiros Franciscanos
    Camiño De Santiago
    Campaña BIC
    Cancioneiro Popular De Galicia
    Carlos Amigo
    Carme Durán
    Christine García López
    Convento De Santiago
    Cotolaia
    Darío Basso
    Darío Marqués Blanco
    Darío Xoán Cabana
    Daviz Fernández Rivera
    Deputación De Ourense
    Desescribir
    Domingo Barreiros
    Editorial El Eco Franciscano
    Eladio G. Tubío
    Eliseu Mera
    El Tiempo De La Memoria
    Emilio Carlos García Fernández
    Emilio Carlos; García Fernández
    Emilio Rúa
    Encontro Anual
    Enrique Roberto Lista García
    Eulogio Barredo Álvarez
    Eu Non Canto Por Cantar
    Extrugasa
    Federico Rodríguez García
    Feliciano Gómez
    Fernando Fernández García
    Festa Do Pemento
    F. Javier Silva
    Fogas De Espiritualidade
    Foliada
    Fotos
    Francisco Eustaquio Martínez Rodríguez
    Francisco Honrubia
    Francisco Javier Castro Negro
    Francisco Javier Silva
    Francisco Pedro García Fernández
    Francisco Penín Estévez
    Fraternidade
    Frei Antonio De Herosa
    Frei Antonio Tembra
    Frei Feliciano G. Vigide
    Frei Fermín Gómez
    Frei Fermín Gómez Vigide
    Frei Fermín G. Vigide
    Frei Henrique Lista
    Frei Henrique R. Lista
    Frei Hipólito Barriguín
    Frei Humberto Castro
    Frei Paco Castro
    Frei Xaquín Pulleiro
    Frei Xosé Antonio Castiñeira
    Frei Xosé García Oro
    Frei Xosé R. Carballo
    Fundación Caixagalicia
    García Pan
    Henrique Alvarellos
    Herbario
    Herbario De Lourizán
    Herbón
    Herbón BIC
    Hipólito Barriguín
    Humberto Castro
    Instituto De Estudios Irienses
    Instituto Xelmírez II
    Iustel
    Jesús Verea Sánchez
    Jorge Luis Santín González
    José Antonio Lobelle Quintillán
    José Carrillo
    José Castro Ratón
    José Luis López Jara
    José Luis Soto Pérez
    José María Redondo Díaz
    Juan David Martínez Fernández
    Juan Donoso Valdivieso Pastor
    Juan M. Carpintero Rama
    Juan R. Fernández Crespo
    Julio Agra López
    Leandro Fernández Álvarez
    Leopoldo Rodríguez Díaz
    Lourizán
    Louro
    Luis Cristobo Vicente
    Luis Fernández Silvoso
    Luis Quinteiro
    Maite Mosquera Noia
    Manoele De Felisa
    Manuel Arias López
    Manuel Dios
    Manuel G. Lorenzo
    Manuel Lázaro Martínez Caamaño
    Manuel Muñoz
    Manuel Pombo
    Manuel Rico Verea
    Manuel Varela
    Marcos Xesús Vega García
    Miguel Anxo Viro
    Monseñor Xulián Barrio
    Monte Do Gozo
    Museo De Terra Santa
    Nava Castro
    O Camballón
    Otero Pedrayo
    Padre Manuel Feijoo
    Padroado Rosalía Castro
    Pai Laín
    Patricia Sánchez
    Paz E Ben
    Peregrinación
    Pilar García García
    Pontecesures
    Premio Portapaz 2013
    Profesor Casaseca
    Rafael S. Bargiela
    Ramón Pampín
    Ramón Pampín Gómez
    Ramón Rey
    Raquel Clemente
    Real Banda De Gaitas
    Remonte
    Rianxo
    Ricardo Seguín
    Río Ulla
    Roberto Freire
    Roberto Freire Hernando
    Roberto Hermida Granja
    Roberto Reboredo Quintá
    Roxelio González
    Roxelio Ronzález Escaleira
    Ruta Fluvial
    Santiago Fernández Murias
    Santo Antonio
    Sarmiento
    Schola Cantorum Herbonensis
    Secundino Reboiras
    Segundo Pérez
    Sementar
    Seminario Franciscano
    Seminario Galego De Educación Para A Paz
    Serafin Antoñón Fernández
    Severino Ortiz
    Supermercados Gadis
    Suso García
    Terra Santa
    Terras De Iria
    Textos
    Turismo De Galicia
    Usc
    Víctor Peña
    Vídeos
    Vila De Cruces
    Viravolta
    Virgilio González Otero
    Xerardo Estévez
    Xesús Antonio Díaz Pereiro
    Xesús García
    Xesús Otero
    Xi Encontro
    X. M. García Iglesias
    Xoán Manuel Carpintero
    Xoán M. Carpintero
    Xosé A. Castiñeira
    Xosé Antonio Castiñeira
    Xosé Carías
    Xosé Carlos Beiró Piñeiro
    Xosé Constenla
    Xosé García Oro
    Xosé Luis Rivas
    Xosé Luis Soto Pérez
    Xosé Manuel Casal
    Xosé María Valderrey González
    Xosé M. Bernárdez
    Xosé R. Carballo
    Xosé Rodríguez Carballo

    Fuente RSS


Aviso Legal                                        Contacto                                         "Louvado sexas, meu Señor, polo irmán sol, a lúa e as estrelas"

Imagen