
Ana, Rañón e Vecino estarán respaldados polos seus compañeiros no seu labor no Padroado, que non será efectivo ata despois de verán, coa actualización oficial dos estatutos da Fundación Convento de Herbón. Nesta mesma asemblea tamén se elexiu por maioría a Juan Donoso Valdivieso Pastor como Premio Esclavina de Prata 2015, unha maneira de distinguir o seu traballo esforzado de dirección e coordinación das cinco exposicións itinerantes de Nadal celebradas en Galicia co gallo dos 800 anos da chegada de San Francisco de Asís a Compostela.
O provincial dos franciscanos, frei Xosé Antonio Castiñeira Chouza, animou aos exalumnos a participar activamente nos proxectos do seu antigo colexio, mentres que o gardián herbonés, frei Francisco Xabier Honrubia, emprazou a “comezar xa o traballo de ideas a desenvolver”, pois hai moito por facer, entre outras cousas, por en orde o fondo-biblioteca de máis de 30.000 libros ou a recopilación dos documentos e aparellos utilizados no antigo colexio. Así, os exalumnos que se animen a colaborar voluntariamente nestes proxectos serán compensados con parada e fonda de balde.
A asemblea celebrouse despois do xantar de irmandade do Santo Antonio, ao que asistiron preto de oitenta exalumnos e as súas donas. A misa solemne, nunha igrexa ateigada de fieis, foi oficiada polo provincial dos franciscanos galegos e cantada pola Schola Cantorum Herbonensis.
(Fotos do Santo Antonio: misa, procesión, xantar e asemblea premendo aquí)