
O atril informativo, segundo explicou o titor do curso, é unha primeira achega dun plan de señalética no que se explica a historia de sete séculos do convento, polo que será instalado na portería xa que é o lugar onde se recibe aos visitantes.
Xusto a carón da portería encóntrase o novo salón de actos, que seguramente será o escenario onde o arcebispo frei Xosé R. Carballo pronunciará a súa conferencia sobre o "Ano da miseridordia" o vindeiro día 6 de agosto, con motivo do XV Encontro Anual de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón.
Os cursillistas "virtuais" asistiron durante a semana do 12 ao 16 de xullo á Escola de Verán 2016, baseada nesta ocasión en sesións de aprendizaxe web de 15 horas presenciais, nas que se adestraron para facer un blog ou unha páxina web interconectada coas redes sociais.
Esta actividade estivo organizada pola Fundación Convento de Herbón e a Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA).