
A colección conta cun total de 2048 especies que foron recolectadas ao longo "dunha vida dedicada á nvestigación", segundo destacaron quenes acompañaron ao último dos benefactores de Lourizán no que foi o acto da firma de donación. Entre os centos de sobres que gardan os exemplares e compoñen o traballo figuran tres novidades de categoría estatal e mesmo continental, así como máis de 70 que nunca foron recollidas en ningún outro herbario relativo a Galicia.
As posibilidades de estudio que ofrece este herbario, realizado ao longo dun proceso tan prolongado, fai que se poidan encontrar exemplares que difícilmente se podan ver na natureza. "Algúns non se volver a ver na zona na
que foron recollidos e hai especies que non se viron nunca", recoñece o presentador da traxectoria botánica do Padre Fermín, o tamén Francisco Javier Silva-Pando.
Durante o acto firmouse a entrega do herbario, ademais de render unha homenaxe ao esforzo que este frade nado en Vila de Cruces en 1931 e que agora reside no convento de Louro, en Muros. Durante máis duhna hora responsables do centro, así como o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, puderon repasar a traxectoria deste frade de doble vocación, relixiosa e botánica.
O Padre Fermín, moi vencellado á ensinanza, comezou a súa afección a mediados da década dos anos 60 do pasado século cando voltou da súa etapa como profesor en África. Os seus labores profesionais e formativos
levárono a residir en diversas localidades, algo que soubo aproveitar para ir incrementando pouco a pouco o seu herbario, un traballo xa no seu inicio clasificou en catro provincias.
Unha proxección de imaxes recordou algunhas das excursións realizadas polos montes galegos para seguir aumentado o seu herbario. O seu compañeiro e presentador no acto da doazón recoñeceu no acto a activa
participación do Padre Fermín. "Nuhna das últimas excursións,e xa con máis de 80 anos, regresou con máis exemplares que todos os demais".