O vindeiro 18 de Decembro, domingo, celebrarase no Convento de Herbón o tradicional Xantar de Irmandade de Nadal dos Exalumnos e membros da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís.
Despois da chegada e recepción dos asistentes (arredor das 12.00 horas), os actos serán sinxelos e consistirán na celebración da Misa ás 13.00 horas coa participación da Schola Cantorum Herbonensis, seguida do xantar no antigo refectorio dos frades.
Tamén se celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA).
O coordenador do xantar é o presidente dos Encontros de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón, Xoán Manuel Carpintero (carpinterortv@activagalicia.com, móbil 699 621 437), quen agarda confirmacións o máis axiña posible.