Xantar de Nadal 2016 en Valladolid e Segovia
Xantar de Nadal 2016 en Herbón
Un cento de exalumnos celebran o Nadal 2015 en Madrid e Herbón

Madrid e Herbón foron de novo as sedes onde un cento de exalumnos se xuntaron para celebrar o Nadal 2015 arredor dunha mesa e mantel. Un ano máis (e xa van sete), os exalumnos do Colexio de Herbón que viven na área de Madrid /Valladolid celebraron o seu Encontro/Xantar de irmandade, como cada decembro. Neste 2015 xuntáronse o sábado, día 5. Os desexos de verse, o bó humor e a sintonía fixeron que todas as horas resultaran poucas para a comunicación.
O mesmo sucedeu cos exalumnos galegos e do Bierzo, que tiveron o domingo 13 o seu xantar, precedido dunha misa oficiada por frei Henrique Roberto Lista, cantada pola Schola Cantorum Herbonensis, e na que o gardián frei Francisco Honrubia non cansou de asegurar que "estades na vosa casa". Os exalumnos tiveron ocasión de admirar o novo retábulo reformado da igrexa e tamén de escoitar algúns dos proxectos de rehabilitación que van permitir dar un novo alento de vida ao Convento de Santo Antonio de Herbón, que conta xa con sete séculos.
No decurso do xantar, celebrado no antigo refectorio dos frades, a Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís avanzou algúns proxectos de futuro, como a homenaxe ao frade Antonio Tembra, aproveitando os dez anos do seu pasamento, ou os desexos dunha maior implicación nos proxectos para o futuro de Herbón, entre os que se encontran a habilitación dun museo que recolla a historia dos sete séculos, entre eles o século en que foi seminario e escola seráfica na que se formaron máis de tres mil alumnos entre 1891 e 1994.