• Inicio
  • Historia
  • Listados
  • Encontros
  • Fotos
  • Vídeos
  • Novas
  • Contacto
  • Enlaces
Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón

TODO LISTO PARA O XVII ENCONTRO 2018



 A comisión organizadora do XVII Encontro Anual de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón ten xa listos todos os preparativos para o día 4 de agosto, sábado, no Convento de Santo Antonio.

O ministro provincial de Santiago, frei Xosé Antonio Castiñeira Chouza (OFM),
impartirá unha conferencia no salón de actos sobre  "Franciscanismo no século XXI: vixencia e encaixe" para,
despois, presidir a misa solemne e entregar o Premio Esclavina de Prata 2018,
e xa pola tarde os novos títulos de Cabaleiro Franciscano.

Os máis madrugadores serán os integrantes da Scholla Cantorum, que teñen ensaio ás 10.00 horas.
Pero para o resto dos asistentes aconséllase non chegar máis tarde das 11.00 horas
pola coincidencia ca Festa do Pemento,
que nesta ocasión celébrase tamén na carballeira dos frades.



XVII Encontro Anual de Exalumnos / exherbon.org

OS APERITIVOS E O XANTAR 

Os aperitivos que se servirán no Encontro Anual 2018 na fonte de San Francisco serán empanadas varias, pementos de Herbón, polbo á feira e viños mencía e albariño, ademais de cervexas, augas e refrescos.

O xantar de irmandade estará composto por langostinos e croca de tenreira, ademais de tarta de chocolate, cafés e chopitos.

Prezo por persoa: 35 euros, que hai que ingresar na conta da asociación ASAFA ES90 0238 8202 0806 0107 2578, facendo constar o nome de quen fai a transferencia.




O Encontro Anual 2017 foi o 5 de agosto en Herbón


XVI Encontro Anual de Exalumnos / exherbon.org





A Comisión Organizadora dos Encontros Anuais


Os anteriores Encontros celebráronse en Herbón, Santiago, Herbón, Herbón, Louro, Herbón-Santiago, Herbón, Ponteareas,  Ourense, Santiago, Salamanca, Herbón, Lugo e Cacabelos (León), sendo alma mater e primeiro promotor Xosé Luis Rodríguez Molinero, catedrático de Filosofía na Universidade de Salamanca, finado no 2008. A comisión organizadora do XVII Encontro Anual, previsto en Herbón o día 4 de agosto do 2018 (sábado) está presidida por Xoán M. Carpintero e integrada polos seguintes exalumnos:

Xoan M. Carpintero / exherbon.org
Xoán M. Carpintero
Xoán M. Carpintero
de Muros (699 621 437)  
(carpinterortv@activagalicia.com)
Frei Roberto Lista / exherbon.org
Frei Enrique Roberto Lista
Frei Enrique Roberto Lista
de Santiago  (654 285 450)
 (enlista2@gmail.com)
Ricardo Seguin / exherbon.org
Ricardo Seguín
Ricardo Seguín
de Ourense (630 915 917)
(seguin.ricardo@gmail.com)
Juan Daviz Martinez / exherbon.org
Xoán David Martínez
Xoán David Martínez
de Tui (659 578 130)  (juandavidtui@hotmail.com)

No decurso do XVI Encontro de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón fíxose entrega de novos nomeamentos de Cabaleiro Franciscano e tamén do Premio Esclavina de Prata 2017, galardón que se entregou ao frade ou seglar que, no último ano, máis se distinguira por difundir e practicar os valores do franciscanismo.

O XVI Encontro Anual de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón celebrarouse o día 5 de agosto do 2017, sábado, no convento de Santo Antonio de Herbón, segundo acordaron as xuntas directivas da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís e a dos Encontros Anuais, que presiden Ricardo Seguín e Xoán Manuel Carpintero.

Tamén se barallaron posibles emprazamentos axeitados para o xantar anual, optándose polo antigo refectorio dos exalumnos, así como tamén o acompañamento musical na recepción dos exalumnos que asistiron a este XVI Encontro Anual. Todos os actos do XVI Encontro Anual estiveron presididos polos arcebispos de Santiago, monseñor Xulián Barrio e de Belcastro (Italia), o exalumno de Herbón frei Xosé Rodríguez Carballo.

Frei Xosé Rodríguez Carballo, Premio Esclavina de Prata 2017 / exherbon.org
O arcebispo frei Xosé Rodríguez Carballo foi elixido Premio Esclavina de Prata 2017 cos votos da maioría dos exalumnos

Programa completo do Encontro Anual 2017


09.30

11.30

11.45


12.30

13.15

13.45

14.45

16.15

18.30

Recepción dos asistentes. Reencontros e visitas

Benvida e presentación do programa do día no salón de actos

Conferencia de monseñor Xulián Barrio sobre "A recuperación do sentido xenuíno da peregrinación xacobea"

Misa solemne presidida por monseñor Barrio e o arcebispo Carballo, cantada pola Scholla Cantorum Herbonensis

Entrega do Premio Esclavina de Prata 2017 ao exalumno frei Xosé R. Carballo

Aperitivos na Fonte de San Francisco

Xantar de irmandade no refectorio dos exalumnos

Entrega de novos diplomas de "Cabaleiro Franciscano"

Fin dos actos do XV Encontro

Menús de aperitivos e xantar              Aperitivos




Xantar



Postres


Adega


Pementos de Herbón
Empanadas variadas
Polbo á feira
Viños Ribeiro branco e Mencía roxo, cervexa, refrescos e augas

Salpicón de mariscos
Tenreira estofada


Tarta de améndoa de Padrón e xelados


Viño Ribeiro branco
Viño Mencía
Augas
Refrescos
Cafés e licores varios

Prezo por persoa: 50 euros
Hai que facer un ingreso previo na conta do Banco Popular ES90 0238 8202 0806 0107 2578
(A organización agradece que se sinale na transferencia o nome do remitente e número de persoas que acoden.
Non hai gastos bancarios)


Os novos Cabaleiros Franciscanos 2017


Imagen
No decurso do vindeiro XVI Encontro Anual de Exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón  serán investidos novos Cabaleiros Franciscanos e recibirán a súa correspondente acreditación os seguintes exalumnos:

Álvarez Mosquera, Julio;
Jiménez Parafita, José M.;
Rodríguez Carracedo, José E.;
Rodríguez, Federico;
Sánchez Primo, Juan José;
Vega García, Abel Delfín;
Vega Vega, Abel.


Noraboa a todos e cada un !!



As cancións do XVI Encontro


"Por el canta a miña alma" interpretada por Nuria M Núñez (Grazas a Manolo Rico)

"Viva la vida", de Coldplay-David Garret











Aviso Legal                                        Contacto                                         "Louvado sexas, meu Señor, polo irmán sol, a lúa e as estrelas"

Imagen